Manuel Bulnes Prieto
Presidente de Chile
Período18 de setembro de 1841 - 18 de setembro de 1851
AntecesorJosé Joaquín Prieto Vial
SucesorManuel Montt Torres
Datos persoais
Nacemento25 de decembro de 1799
 Concepción
Falecemento18 de outubro de 1866
 Santiago
OrganizaciónPartido Conservador
PaiManuel Bulnes Quevedo
CónxuxeEnriqueta Pinto Garmendia
FillosManuel Bulnes Pinto e Gonzalo Bulnes
Alma máterInstituto Nacional General José Miguel Carrera
Profesiónmilitar e político
Relixióncatolicismo
Na rede
WikiTree: Bulnes_Prieto-1 Find a Grave: 24526745 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bulnes Prieto, nado en Concepción o 25 de decembro de 1799 e finado en Santiago de Chile o 18 de outubro de 1866, foi un militar e político chileno, presidente do seu país entre 1841 e 1851.

Traxectoria

Era fillo de Manuel Bulnes Quevedo e María Carmen Prieto Viaria. Casou cunha das figuras femininas máis representativas da aristocracia chilena, Enriqueta Pinto Garmendia, filla do presidente Francisco Antonio Pinto e irmá do Presidente Aníbal Pinto. A Enriqueta denominábana A Gran de Dama da Presidencia por ser filla, irmá e esposa de Presidentes da República.

Bulnes tomo parte na guerra para independizarse de España, loitando mesmo contra o seu pai, que estaba no bando realista. Posteriormente participou en campañas militares contra os irmáns Pincheira e contra indios pehuenches.

Participou en 1829 nunha revolución en contra do goberno liberal, e posteriormente na guerra contra a Confederación Perú-Boliviana, vencendo ás tropas de Andrés de Santa Cruz na batalla de Yungay o 20 de xaneiro de 1839, tras o cal foi recibido en Chile como heroe.

Foi nomeado ministro polo seu tío, o presidente José Joaquín Prieto Vial, e logo foi o candidato do goberno nas eleccións de 1841.

Presidente de Chile

Segue a:
José Joaquín Prieto Vial
Manuel Bulnes Prieto
Precede a:
Manuel Montt Torres
Partido Conservador