Manuel Nin
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Grega
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1956 en El Vendrell, España
Ordes
Ordenación sacerdotal18 de abril de 1998, por Lluís Martínez Sistach
Consagración episcopal15 de abril de 2016, por Dimitrios Salachas
Exarca apostólico de Grecia
2016 - actualidade
PredecesorDimitrios Salachas
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Manuel Nin i Güell, nado o 20 de agosto de 1956 en El Vendrell (España), é un bispo católico bizantino grego, dende 2016 exarca apostólico de Grecia.

Traxectoria

Naceu o 20 de agosto de 1956 en El Vendrell, no territorio da arquidiocese de Tarragona. Logo de completar os estudos, ingresou no mosteiro de Montserrat, emitindo os primeiros votos o 26 de abril de 1977 e facendo os votos solemnes en 1980. Foi ordenado sacerdote da Orde de San Bieito o 18 de abril de 1998 polo arcebispo de Tarragona Lluís Martínez Sistach. En 1999 pasou a ser reitor do Pontificio Colexio Grego, en Roma.

En Roma, foi tamén membro da Comisión Litúrxica da Congregación para as Igrexas Orientais. O 2 de febreiro de 2016 Francisco nomeouno exarca apostólico de Grecia e bispo titular de Carcabia. Recibiu a consagración episcopal o 15 de abril, de mans do seu predecesor Dimitrios Salachas, na basílica de San Paulo Extramuros, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Atenas Sevastianos Rossolatos e ao bispo de Lungro Donato Oliverio.[1]

Notas

  1. "L'ordinazione episcopale di Manuel Nin". L'Osservatore Romano (en italiano). 15 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23/09/2018. Consultado o 23/09/2018. Nin ha ricevuto questa mattina l’ordinazione episcopale nella basilica papale di San Paolo fuori le mura, nel corso di una divina liturgia concelebrata — insieme agli ordinandi Dimitrios Salachas, predecessore nell’esarcato apostolico, Sevastianos Rossolatos, arcivescovo di Atene, Donato Oliverio, eparca di Lungro degli Italo-Albanesi dell’Italia Continentale [...].