Un mapa conceptual é unha estratexia de aprendizaxe propia da teoría construtivista, que produce aprendizaxes significativas ao relacionar os conceptos de xeito ordenado. Caracterízase pola súa simplificación, xerarquización e impacto visual.
Segundo David Ausubel[1] a maior parte da aprendizaxe escolar é relativamente arbitraria e non substantiva, polo que o alumnado usa a repetición para adquirir os coñecementos escolares (declarativo, procedemental e actitudinal). A repetición é unha técnica de aprendizaxe útil no caso de materiais como as listas de datos sen conexión e as que se require recordar tal coma un número telefónico. Porén, ao non darlle significado á tarefa, o memorizado adoita esquecerse en pouco tempo, polo que convén recorrer a estratexias de aprendizaxe de acordo ao contido en particular, que produzan aprendizaxes significativas e non memorísticas.
A aprendizaxe significativa pon énfase na creación, evolución e relación entre os conceptos. Hai diferentes maneiras de camiñar cara á construción de aprendizaxes significativas, pero todas elas pasan por coñecer o que o alumnado xa sabe e a construción do novo coñecemento a partir dese punto.
As características dun bo mapa conceptual son a xerarquización, impacto visual e simplificación.
Considerando estas características, os mapas conceptuais fomentan a creatividade e facilitan a participación.
Joseph D. Novak e D. Bob Gowin[2] afirman que unha vez que o alumno ten a habilidade na súa elaboración, o seu uso permitirá saber o que o alumno xa coñece antes de emprender unha aprendizaxe concreta. Isto permite coñecer as deficiencias e erros conceptuais, así como incorporar aos alumnos que fracasan na aprendizaxe pola negativa a realizar tarefas pouco significativas. Permite ademais construír significados máis ricos e estimular a aprendizaxe significativa, ao ser cada alumno consciente do que aprende. Pódese trazar unha ruta de aprendizaxe que permita saber por onde se vai e cara a onde se camiña.
Na súa elaboración pódense extraer significados dos libros de texto, conferencias, obras literarias e traballos de laboratorio, campo ou estudo. Permite preparar traballos orais ou escritos, facer sínteses de lecturas de artigos, periódicos ou revistas, fomentar o traballo cooperativo, a comunicación, a creatividade e o espírito negociador.
Conxuntando as propostas de Novak e Gowin (1984), Ontoria[3], Pérez Cabaní[4], Horton[5] e González[6], para a elaboración dun mapa conceptual é necesario:
Un mapa mental consta dun concepto en torno ao que se debuxan entre 5 e 10 ideas principais referidas a el. A partir de cada unha das palabras derivadas, debúxanse á súa vez de 5 a 10 ideas principais referidas a cada unha desas palabras.
Gran parte da diferenza estriba na capacidade visual do mapa mental e as conexións que realiza. O mapa mental busca e esixe imaxes para a súa construción. As imaxes e debuxos teñen varias funcións, algunhas mnemotécnicas, outra para reducir as palabras mantendo un concepto ou idea complexa e tamén para buscar novas conexións. As imaxes conectan axiña con outras ideas afíns, polo que parte da potencia do mapa mental está na súa capacidade visual de xerar novas conexións e reter as ideas co hemisferio visual do cerebro.
Software para realizar mapas conceptuais: