Fundación | 21 de decembro de 1938 |
---|---|
Fundador | Manuel Fernández Cuesta Merelo |
Xénero | Información deportiva |
País | ![]() |
Ámbito | Nacional |
Lingua | Castelán |
Periodicidade | Diaria |
Prezo | 1€ |
MARCA é un xornal español de información deportiva, fundado en 1938 en Donostia. Ten unha tirada media de 413.252 exemplares diarios e unha media de difusión de 287.641 exemplares.[1].
É o xornal de pago máis lido en España con 2 749 000 seguidores diarios, segundo o EGM.[2] MARCA concede tradicionalmente o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da liga española e o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado.
Ademais, desde o ano 2005-06 tamén outorga o Trofeo Zarra ao máximo goleador nacional, o Miguel Muñoz ao mellor adestrador da liga española e o trofeo Guruceta ao árbitro máis destacado. A tempada 2007-08 comezou a entregar tamén o Trofeo Alfredo Di Stéfano ao mellor xogador da liga.
MARCA é un diario de pago e pertence ao Grupo Unidad Editorial. Cada día ofrece 15 edicións diferentes: 11 rexionais e 3 uniprovinciais, ademais da nacional. Os seus principais competidores en canto a periódico deportivo son o As, o Diario Sport ou o Mundo Deportivo.