Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1967 (57 anos) Grand Island, Estados Unidos |
Nacionalidade | Estados Unidos / España |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Greeley West (Greeley, Colorado) |
Universidade | Northern Colorado (1985–1989) |
NBA Draft | 1989 / Elección: Sen draftear |
Carreira | 1989–2010 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Lakers (1989) Denver Nuggets (1989−1990) Rapid City Thrillers (1990) Valvi Girona (1990) Yakima Sun Kings (1990−1991) Sacramento Kings (1991) BCM Gravelines (1991) Puleva Granada (1991) Fulgor Libertas Forlì (1991–1992) Omaha Racers (1992–1993) CB Gran Canaria (1993–1994) Estudiantes de Bahía Blanca (1994–1995) Peñarol de Mar del Plata (1995–1996) Isuzu Giga Cats (1996–1998) Grand Rapids Hoops (1998–1999) Franca (1999) Boca Juniors (1999–2000) Fluminense (2000–2001) Londrina (2001–2002) Bilbao Berri (2002) CB Cáceres (2003–2004) León Caja España (2004–2006) Cantabria Lobos (2006–2007) CAI Zaragoza (2007–2008) CB Granada (2008) Gandía Bàsquet (2008–2009) Xacobeo Blu:sens (2009–2010) |
Mike Higgins, nado en Grand Island, Nebrasca (Estados Unidos) o 17 de febreiro de 1967, é un ex-xogador de baloncesto estadounidense con nacionalidade española. Xogaba de Ala-pivote cunha altura de 2,06 m.
O xogador formouse no Northern Colorado Bears da Universidade de Northern Colorado. Na tempada 1989-1990 xogou no Los Angeles Lakers e no Denver Nuggets,e na campaña seguinte no Sacramento Kings. Posteriormente viu a Europa, fichando polo Valvi Girona da ACB. Tamén xogou nas ligas italiana, francesa, xaponesa, brasileira e arxentina. En 2002 nacionalizouse español e fichou polo CB Granada como seleccionable, aínda que máis tarde foi substituído e pasou por varios equipos da liga LEB. Posteriormente regresou á ACB con CAI Zaragoza. En setembro de 2009 fichou polo Xacobeo Blu:Sens[1].