Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1951 (73 anos) Begonte, España |
Alcalde | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Mini |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico , político , musicólogo |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Navia Rivas |
Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.
Impartiu clases nunha escola unitaria no concello de Boimorto, e máis tarde sería profesor no CPI Armando Cotarelo Valledor. Mentres, desenvolveu un amplo labor cultural dentro da música, na que se segue a manter de forma activa.
Formou parte da banda Fuxan os ventos dende a súa fundación até 1982 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formar A Quenlla, grupo no que continúa na actualidade. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción. No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro "Mero", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao museo do pobo galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.[2]
Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas e foi elixido alcalde de Boimorto co apoio do PSdeG.[3] Dous meses despois Gonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo.
Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo BNG para a 10.ª lexislatura, sendo reelixido nas eleccións de 2020.
É pai da tamén cantante e política Navia Rivas.
Predecesor: Ana Ledo |
Alcalde de Boimorto 2015 |
Sucesor: Gonzalo Concheiro |
Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza. Así, ten editados trece álbums e ten arranxado as músicas para os seguintes vídeos:
En 2009, foi premiado xunto a Mero co Pedrón de Ouro pola divulgación da cultura oral de Galiza.[4] En 2012 recibiron o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mini |