Natalie Imbruglia | |
---|---|
Nome completo | Natalie Jane Imbruglia |
Alias | Natalie Imbruglia |
Data nacemento | 4 de febreiro, 1975 (49 anos) |
Nado en | Costa Central, Australia |
Cónxuxe | Daniel Johns |
Irmáns | Laura Imbruglia |
Ocupación | Músico, Actriz |
Xénero | Pop, Rock |
Instrumento(s) | Cantante |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
Tempo en activo | Como cantante: 1997 - presente Como actriz: 1994 - presente |
Na rede | |
Páxina oficial | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Natalie Jane Imbruglia, nada o 4 de febreiro de 1975, é unha cantante e actriz australiana.
A segunda de catro irmáns, de pai siciliano -Messina- e nai australiana, Natalie medrou na Costa Central, ao norte de Sydney. Como Jason Donovan e Kylie Minogue, tamén participou na serie de televisión Veciños (Neighbours) antes de comezar a súa carreira de cantante.
O seu primeiro single, "Tom", lanzado en 1997, acadou o número 2 nas listas inglesas, e o seu álbum Left of the Middle vendeu seis millóns de copias. O seguinte en aparecer, en 2001, foi White Lilies Island, que vendeu máis dun millón de copias. En 1999 colaborou con Tom Jones no seu disco Reload.
Imbruglia volveu actuar en 2002 nun papel secundario na parodia de espías Johnny English, xunto con Rowan Atkinson. Casou co seu noivo, Daniel Johns, cantante de Silverchair, despois dun longo período de noivado, o 31 de decembro de 2003.
En abril de 2005, Imbruglia lanzou o seu terceiro traballo de estudio, Counting Down the Days, no Reino Unido, o cal alcanzou o número un en vendas na súa primeira semana. O primeiro single deste álbum foi "Shiver". Este converteuse no seu single máis duradeiro no Reino Unido dende o seu debut. O segundo single foi "Counting Down The Days", lanzado o 25 de xullo, que a pesar de que tivo menos éxito que "Shiver", logrou manter o interese no traballo de Imbruglia.
En 2007 a súa discográfica lanza Glorious: The Singles 97-07 para celebrar o seu décimo aniversario como cantante.
O tema "Smoke" foi versionado pola banda de rock gótico alemá Dreadful Shadows, no seu disco Apology, no ano 2000.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natalie Imbruglia |