Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1953 (70 anos) Columbia, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Carolina do Sur | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 194 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 85 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nate Davis, nado en Columbia (Carolina do Sur), o 20 de outubro de 1953, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que xogaba na posición de ala.
Xogou catro tempadas cos South Carolina Gamecocks da Universidade de Carolina do Sur, anotando 1.345 puntos[1].
Foi elixido na posición 101 do Draft da NBA de 1977 por Chicago Bulls[2], pero non chegou a firmar contrato[3], pasando un ano sen xogar até que José Antonio Gasca o trouxo á liga española co propósito de substituír no Askatuak a un xogador histórico da entidade, Essie Hollis[4]. Malia ir sendo o mellor anotador da liga, non chegou a finalizar a tempada por mor dunhas declaracións a un periódico local nas que criticaba a Gasca, sendo apartado do equipo.[5].
En 1979 fichou polo Miñón Valladolid, e na súa primeira temporada, con Vicente Sanjuán como adestrador, foi o máximo anotador da liga con 29,7 puntos por partido[4], Formou unha gran parella xunto co base Carmelo Cabrera, e eran habituais os alley-oops entre eles, até que a FIBA decidiu prohibilos[6].
Tras probar sen éxito en 1982 nas Ligas de Verán da NBA, regresou a España coa tempada xa comezada, fichando polo Obradoiro CAB para substituír o lesionado Chuck Verdever, pero chegou falto de ritmo, facendo unha tempada discreta[7].
Na tempada seguinte a liga transformouse na ACB, e Davis acabou fichando polo OAR Ferrol, acabando como máximo anotador da liga con 27,8 puntos por partido na súa primeira tempada e repetindo na seguinte con 29,8 puntos[8]. Ma tempada 1985-86, tras 16 partidos disputados, estaba de novo encabezando a lista de máximos anotadores con 29,6 puntos por partido[9], até que nun encontro disputado en Santa Coloma de Gramenet fracturouse a clavícula. En parte por mor da lesión e en parte para marchar canda a súa muller, que contraera o VIH tras unha transfusión de sangue logo do seu segundo parto, marchou de regreso aos EUA, deixando o baloncesto e arruinándose na procura dun tratamento para ela[4].
En novembro de 2013 regresou a Ferrol, recibindo unha homenaxe no Pavillón da Malata[10].
Club | País | Tempada(s) |
---|---|---|
South Carolina University | Estados Unidos | 1972−1975 |
Askatuak Egin | España | 1978−1979 |
Miñón Valladolid | España | 1979−1982 |
Obradoiro CAB | Galicia | 1982−1983 |
OAR Ferrol | Galicia | 1983−1986 |
Foi máximo anotador da Liga española co Miñón Valladolid con 654 puntos (29.73 por partido) na tempada 1979-80, máximo anotador da Liga ACB co OAR Ferrol con 789 puntos na tempada 1983-84 e máximo anotador da Liga ACB co Clesa Ferrol con 840 puntos na tempada 1984-85.