Navalla Ensis ensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ensis ensis (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A navalla,[2] Ensis ensis, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen ensis.[3] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.
É comestíbel e moi apreciada gastronomicamente.
Ten unha cuncha alongada, algo curvada (máis do que na especie Ensis arcuata) coas valvas simétricas, de até uns 15 cm de lonxitude.[4]
Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[4]
É unha especie moi común no océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[1]
Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, especialmente desde a ría de Muros e Noia até a desembocadura do Miño, aínda que é pouco abundante.
Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[4]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Navalla |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Navalla |