Neiva é un concello colombiano, capital do departamento de Huila. Xace entre a cordilleira Central e Oriental, nunha chaira sobre a marxe oriental do río Magdalena, no val do mesmo nome, cruzada polo río Las Ceibas e o río del Oro. A súa extensión territorial é de 1533 km², a súa altura de 442 metros sobre o nivel do mar e a súa temperatura media de 27.7 °C.[1]
A súa área metropolitana posúe unha economía moi dinámica baseada no ecoturismo, gastronomía, industria e comercio. É unha das conurbacións colombianas aínda non oficiais, pero existentes de facto no norte do departamento de Huila. Os seus concellos satélites son Rivera, Palermo, Tello, Baraya, Aipe, Villavieja e Campoalegre.