Nikolai Semenov Biografía Nacemento 3 de abril de 1896 (Xuliano) Saratov (Imperio Ruso)
Morte 25 de setembro de 1986 (90 anos)Moscova, Rusia Lugar de sepultura cemiterio Novodevichii Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
Datos persoais Residencia San Petersburgo Moscova País de nacionalidade Imperio Ruso Unión Soviética Educación Imperial St. Petersburg University (en) (1913–1917) Q4406448 (–1913) Actividade Campo de traballo Física química Ocupación físico , catedrático , químico , político Empregador Znanie (en) (1960–1963) Universidade Estatal de Moscova (1944–) Peter the Great Saint Petersburg State Polytechnical University (en) (1928–) Semenov Institute of Chemical Physics (en) Tomsk Polytechnic University (en) Universidade Estatal de Tomsk (pt) Instituto Ioffe (pt) Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova Partido político Partido Comunista da Unión Soviética (1947–) Membro de Interesado en Fisicoquímica Profesores Abram Ioffe (pt) Alumnos Iakov Zeldovich , Juliï Borisovich Khariton (pt) , Viktor Nikolaevič Kondratʹev (en) , David Frank-Kamenetsky (en) , Nikolay Emanuel (en) , Walter Alexander Filippovich (en) , Aram Nalbandyan (en) , Nikolay Yenikolopov (en) e Vladislav Voyevodsky (en) Lingua Lingua rusa Participou en 17 de outubro de 1961 22nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
Obra Doutorando Dmitrii Knorre (en) , Aram Nalbandyan (en) , Nikolay Yenikolopov (en) e Vitalii Goldanskii (en) Familia Cónxuxe Maria Liverovskaya (1921–)
Nikolai Nikolaevich Semenov (en ruso : Николай Николаевич Семёнов ), nado o 15 de abril de 1896 en Saratov , (Unión Soviética ) e finado o 25 de setembro de 1986 , foi un químico e profesor universitario ruso /soviético galardoado co Premio Nobel de Química de 1956 .
Estudou física , química e matemáticas na Universidade de San Petersburgo e foi nomeado profesor de física do Instituto Politécnico de Leningrado logo de participar na guerra civil rusa , sendo Semyonov o introductor da química física no seu país.
Dirixiu o Instituto de Química Física da Academia de Ciencias desde 1931 , e o Instituto de Química Física da Universidade de Moscova desde 1944 .
Semenov (dereita) e Petr Kapitsa , retrato de Boris Kustodiev, 1921 Interesado inicialmente no estudo da física molecular e dos fenómenos electrónicos , xunto a Petr Kapitsa descubriu en 1922 un método para medir o campo magnético dun núcleo atómico , que posteriormente sería modificado e mellorado por Otto Stern e Walter Gerlach, e coñecido como experimento de Stern-Gerlach.
En 1925 xunto a Iakov Frenkel estudou a cinética da condensación e absorción dos vapores . En 1927 estudou a ionización dos gases así como a química do electrón , e en 1928 xunto a Vladimir Fok creou a teoría da descarga rota de dieléctricos .
Posteriormente dedicouse completamente á cinética química, ao desenvolvemento da cal contribuíu notablemente. A súa tarefa foi especialmente intensa durante a segunda guerra mundial , cando os problemas de combustión e explosión adquiriron extraordinaria importancia. O goberno soviético premiouno en 1941 co Premio Stalin e en 1945 coa Orde de Lenin.
Posteriormente traballou no campo das reaccións químicas en cadea , o coñecemento da cal contribuíu de xeito moi considerable do mesmo xeito que o químico inglés Cyril Norman Hinshelwood co cal mantivo estreitas relacións científicas e compartiu o Premio Nobel de Química do ano 1956 .
Entre as súas principais obras atópanse "Reaccións en Cadea" (1934 ) e "Suma de Problemas de Química Cinética e Radioactividade" (1954 )
1901–1925 1926–1950 1951–1975
1951: E. McMillan , Seaborg
52: Martin , Synge
53: Staudinger
54: Pauling
55: du Vigneaud
56: Hinshelwood , Semenov
57: Todd
58: Sanger
59: Heyrovský
60: Libby
61: Calvin
62: Perutz , Kendrew
63: Ziegler , Natta
64: Hodgkin
65: Woodward
66: Mulliken
67: Eigen , Norrish , Porter
68: Onsager
69: Barton , Hassel
70: Leloir
71: Herzberg
72: Anfinsen , Moore , Stein
73: E.O.Fischer , Wilkinson
74: Flory
1975: Cornforth , Prelog
1976–2000
1976: Lipscomb
77: Prigogine
78: Mitchell
79: Brown , Wittig
80: Berg , Gilbert , Sanger
81: Fukui , Hoffmann
82: Klug
83: Taube
84: Merrifield
85: Hauptman , Karle
86: Herschbach , Lee , Polanyi
87: Cram , Lehn , Pedersen
88: Deisenhofer , Huber , Michel
89: Altman , Cech
90: Corey
91: Ernst
92: Marcus
93: Mullis , Smith
94: Olah
95: Crutzen , Molina , Rowland
96: Curl , Kroto , R. E. Smalley
97: Boyer , Walker , Skou
98: Kohn , Pople
99: Zewail
2000: Heeger , MacDiarmid , Shirakawa
2001–
2001: Knowles , Noyori , Sharpless
02: Fenn , Tanaka , Wüthrich
03: Agre , MacKinnon
04: Ciechanover , Hershko , Rose
05: Grubbs , Schrock , Chauvin
06: Kornberg
07: Gerhard Ertl
08: Shimomura , Chalfie , Tsien
09: Ramakrishnan , Steitz , Yonath
10: Heck , Negishi , Suzuki
11: Dan Shechtman
12: Lefkowitz , Kobilka
13: Karplus , Levitt, Warshel
14: Betzig, Hell, Moerner
15: Lindahl, Modrich, Sancar
16: Sauvage, Stoddart, Feringa
17: Dubochet, Frank, Henderson
18: Arnold , Winter, Smith
19: Goodenough, Whittingham, Yoshino
20: Charpentier , Doudna