No Doubt é unha banda estadounidense de rock formada en Anaheim (California). A súa música estivo inicialmente influenciada polo ska, e evolucionou posteriormente cara ao soft rock. Tamén recibiu a influencia dos estilos de reggae xamaicanos, con colaboracións con artistas como Lady Saw. En 1992 lanzaron o seu álbum debut No Doubt. Acadaron sona mundial grazas ao seu terceiro álbum Tragic Kingdom de 1995, que obtivo o Disco de Diamante nos Estados Unidos. O terceiro sinxelo do álbum, "Don't Speak", supúxolles un récord tras permanecer 16 semanas no posto número un da Billboard Hot 100.