O Galiciano | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1884 |
Lingua | lingua galega |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Galiciano foi un periódico semanal galego en galego que se editou en Pontevedra entre 1884 e 1888.
Subtitulado Paróla Gallega, apareceu o 8 de agosto de 1884[1]. Estaba dirixido por Rufino Rivera Losada e nel colaboraron Juan M. Rodríguez de Cea, Albino Simán, Ramiro Vieira Durán, Francisco Portela Pérez e José López Otero. En 1884 organizou uns xogos florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical polas festas da Peregrina. Deixou de publicarse a finais de 1887 para reaparecer en 1888. Transformouse en novembro de 1888, co subtítulo Somanario gallego pasou a estar dirixido por Rogelio Lois Estévez, e Rufino Rivera converteuse en administrador. Conviviu na última etapa co semanario O Novo Galiciano. A obra satírica “Discurso d’autualidade d’un calvo moi patilludo a quén chama a vecindade don Sexismundo… o peludo” publicada nas súas páxinas, constitúe un dos primeiros exemplos de banda deseñada en galego.[2]