O tren das 3:10 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 3:10 to Yuma |
Director | James Mangold |
Produtor | Cathy Konrad |
Guión | Halsted Welles Michael Brandt Derek Haas |
Baseado en | "Three-Ten to Yuma" de Elmore Leonard |
Intérpretes | Russell Crowe Christian Bale Peter Fonda Gretchen Mol Ben Foster Dallas Roberts Alan Tudyk Vinessa Shaw Logan Lerman |
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | Phedon Papamichael |
Montaxe | Michael McCusker |
Estudio | Relativity Media Tree Line Film |
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | Os Ánxeles: 21 de agosto de 2007![]() |
Duración | 122 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Wéstern |
Orzamento | 48–55 millóns de dólares[1][2] |
Recadación | 71,2 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://310toyumathefilm.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O tren das 3:10 (en inglés: 3:10 to Yuma) é un filme estadounidense de 2007 dirixido por James Mangold e producido por Cathy Konrad. Está protagonizado por Russell Crowe e Christian Bale, xunto con Peter Fonda, Gretchen Mol, Ben Foster, Dallas Roberts, Alan Tudyk, Vinessa Shaw e Logan Lerman. Conta a historia dun rancheiro (Bale) que acepta o perigoso traballo de levar un famoso foraxido (Crowe) perante a xustiza. É un remake do filme homónimo de 1957. A rodaxe produciuse en varias localizacións de Novo México. O tren das 3:10 estreouse o 7 de setembro de 2007 nos cinemas dos Estados Unidos e recibiu boas valoracións por parte da crítica.[3][4] Recadou máis de 70 millóns de dólares e todo o mundo sobre un orzamento de 55 millóns.