One Foot in the Grave | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Beck | ||||
Publicado | 27 de xuño de 1994 | |||
Gravación | outubro de 1993 e xaneiro de 1994 | |||
Estudio(s) | Dub Narcotic Studio, Olympia, Washington | |||
Duración | 37:11 | |||
Xénero(s) | anti-folk, lo-fi, rock alternativo, country alternativo | |||
Selo(s) | K Records | |||
Producido por | Calvin Johnson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
One Foot in the Grave é o cuarto álbum de estudio do músico de rock alternativo estadounidense Beck, editado o 27 de xuño de 1994 a través do selo independente K Records.
Ao igual que o seu predecesor, Stereopathetic Soulmanure, o álbum nunca entrou na listas, porén One Foot in the Grave reforzou a reputación de Beck, permitindo que o seu álbum Odelay, aparecido dous anos despois, chegase ao gran público. Neste disco pode verse unha forte influencia folk máis pronunciada que nos outros álbums dese tempo, máis eclécticos. One Foot in the Grave gravouse antes da edición do Mellow Gold, pero non se lanzou ata que este foi coñecido e acadou un certo grao de éxito.
O álbum conta coa produción e coros ocasionais de Calvin Johnson, fundador de K Records, e foi gravado no Dub Narcotic Studio, que estaba situado no soto de Calvin.
En xullo do 2008 One Foot in the Grave levaba vendidas 168.000 copias nos Estados Unidos e o 14 de abril do 2009 foi relanzado polo propio selo de Beck, Iliad , con 13 temas non editados anteriormente.
Todos os temas compostos por Beck, agás onde se indique.
Álbums de estudio | |
---|---|
Outros álbums | |
Sinxelos de álbums |
|
Outros sinxelos |
|