A onza[1] (símbolo: oz) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma para pesar con maior precisión as mercadorías e outros artigos, especialmente se o seu peso era menor que unha libra romana. A onza aínda se usa frecuentemente nos países anglosaxóns, e antigamente o seu uso era máis estendido en toda Europa.

Orixe do termo

A palabra onza provén do latín ūncia, derivada á súa vez do protoindoeuropeo *oinoko- (de onde tamén deriva único), forma sufixada da raíz *oino- (de onde tamén deriva un). A ūncia era a unidade fraccionaria empregada polos romanos, quen se servían de fraccións duodecimais; é dicir, significaba 'unha duodécima parte'. No contexto monetario, a uncia era a moeda de valor correspondente a 1/12 de ás. Pola súa banda, a onza de peso era 1/12 de libra (nótese que a libra de 16 onzas é posterior á de 12 onzas). As palabras inglesas ounce (onza) e inch (polgada = 1/12 de ) derivan igualmente de ūncia.

Onzas anglosaxoas en uso

Á onza chámaselle ounce en inglés, abreviada oz e de símbolo (Unicode Ou+2125). Actualmente só se usan dous tipos de onza:

Existe outra unidade anglosaxoa en uso, chamada onza líquida (fluíde ounce, en inglés; abrevíase fl. Oz), que non é de masa senón de volume.

Onzas en desuso

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Onza.
  2. [1] Quimica para el nuevo milenio, pag 611, en Google libros

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas