Cidade prehispánica e parque nacional de Palenque | |
---|---|
![]() | |
Localización de Palenque en Chiapas en México | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 17°29′2.32″N 92°2′46.78″O / 17.4839778, -92.0463278 |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, II, III, IV |
Inscrición | 1987 (11ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 411 |
Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. É un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano: ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén pola súa arquitectura e escultura.
A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nin un 10% da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado parque nacional.[1] A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.[2]
Palenque é un dos sitios arqueolóxicos máis ricos do sur de México, nos límites da península do Iucatán. Entre as construcións accesibles, figuran as seguintes:
As construcións están encadradas nun estilo occidental da arquitectura maia.
Os gobernantes ou régulos de Palenque que nos son coñecidos son os seguintes: