![]() Paracelso por Quentin Matsys | |
Nome orixinal | (de) Philippus Aureolus Theophrastus Bombast von Hohenheim ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Philippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim ![]() 10 de novembro de 1493 Einsiedeln (Antiga Confederación Suíza) ![]() |
Morte | 24 de setembro de 1541 Salzburgo ![]() |
Lugar de sepultura | Tomb of Paracelsus (en) ![]() ![]() |
Catedrático | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | ![]() |
País de nacionalidade | suízo/alemán |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Educación | Universidade de Basilea Universidade de Viena Universidade de Ferrara |
Coñecido por | Críase que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas |
Actividade | |
Campo de traballo | alquimista, médico e astrólogo |
Ocupación | médico escritor , químico , filósofo , naturalista , médico , farmacéutico , astrónomo , otorrinolaringólogo , astrólogo , escritor ![]() |
Empregador | Universidade de Basilea ![]() |
Alumnos | Lorenz Lutz (pt) ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | Paracelsus ![]() |
Lingua | Lingua latina, lingua francesa e lingua alemá ![]() |
Familia![]() | |
Pais | Wilhelm Bombast von Hohenheim (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim,[1] ou Theophrastus Bombast von Hohenheim,[2][3] nado en Zúric (Einsiedeln) o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo o 24 de setembro de 1541,[4] foi un alquimista, médico e astrólogo suízo, coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso.
Críase que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas. Amais, deulle ao zinc o seu nome, chamándoo zincum.[5] Escolleu para si mesmo o nome Paracelso (Paracelsus en latín), que significa "superior a Celso", en referencia a Aulo Cornelio Celso, médico romano do século I.
Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zúric), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguiunos en Viena e doutorouse na universidade de Ferrara.
Paracelso estaba en contra da idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.
As súas investigacións foron sobre todo no campo da mineraloxía. Realizou varias viaxes en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios e medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.
Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.
Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades, como a sífilis e o bocio. Para combatelas serviuse do xofre e do mercurio.
Disque Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.
A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouna na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital. Fiel á concepción do ser humano como microcosmos, puxo o firmamento no corpo deste e designouno como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático en que o curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "ascendente" ou horóscopo.
Atribúeselle a paternidade do termo espaxiria.
Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico". Para el a medicina tiña catro piares:
Introduciu o uso do láudano.
O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).
Malia gañar bastantes inimigos e ter fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguise un camiño máis científico e se afastase das teorías da escolástica.
Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).
Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e asociounos aos catro sabores fundamentais.
Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe na linguaxe coloquial nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo) e ácido (melancólico).
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paracelso |