Pazo Paco Paz | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°19′01″N 7°51′51″O / 42.317072222222, -7.8641277777778Coordenadas: 42°19′01″N 7°51′51″O / 42.317072222222, -7.8641277777778 |
Localización | Ourense, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 1988 |
Estadio | |
Capacidade | 6.000 espectadores |
Propietario | Deputación de Ourense |
Localía | Club Ourense Baloncesto Ourense Fútbol Sala |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz é un recinto polideportivo e multiúsos da cidade de Ourense, en Galicia, inaugurado no ano 1988. O pavillón ten unha superficie de parqué homologada para a práctica de baloncesto, fútbol sala ou balonmán entre outros deportes. As bancadas do recinto teñen capacidade para acoller máis de 5.000 persoas en localidades de asento. Situado nun complexo deportivo composto por campos de fútbol, pistas de tenis, piscinas e un circuíto de automodelismo, o seu funcionamento depende da Deputación Provincial de Ourense.
Foi deseñado para cumprir dous obxectivos:
O Club Ourense Baloncesto xoga os seus encontros como local neste pavillón, do mesmo xeito que o Ourense Fútbol Sala. Isto significa que o Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu nas décadas de 1990 e 2000 máis de 150 encontros da Liga ACB durante as 10 tempadas que o COB militou na elite do baloncesto español, e tamén máis de 150 encontros da LNFS durante as 9 tempadas que o Ourense FS militou na máxima categoría do fútbol sala de España.
Lugares de interese de Ourense | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lugares senlleiros |
| ||||||||
Museos | Museo Arqueolóxico Provincial · Museo Municipal · Museo Catedralicio · Museo Internacional de Cornamusas · Centro de Exposicións Caixanova · Colección de trens Fernández Pacheco Outeiriño | ||||||||
Artes escénicas e da imaxe | Teatro Principal · Auditorio Provincial | ||||||||
Outros lugares | |||||||||