Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1908 Port Talbot, Reino Unido |
Morte | 16 de setembro de 1932 (24 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Ohio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema , actriz de teatro |
Período de actividade | 1925 - 1932 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Keith (1927–1929), divorcio |
|
Peg Entwistle, nada en Port Talbot o 5 de febreiro de 1908 e finada en Hollywood o 16 de setembro de 1932,[1] foi unha actriz de teatro galesa e, por un curto período de tempo, actriz de Hollywood, que alcanzou notoriedade tras o seu suicidio, que fixo saltando do letreiro de Hollywood.
Peg Entwistle, cuxo nome verdadeiro era Millicent Lilian Entwistle, foi criada en West Kensington, Londres. Máis tarde, adoptou "Peg" como pseudónimo e proseguiu con el durante o resto da súa vida. Cando aínda era unha rapaza nova, en marzo do ano de 1916, Entwistle abandonou Liverpool e foise para América, acompañada de seu pai (Robert), tío (Charles Harold), e esposas de ambos, Lauretta e Jane, a bordo do SS Philadelphia. Despois do seu pai ser morto nun accidente no ano de 1922, Entwistle e os seus dous medio-irmáns foron criados polo tío, Charles Entwistle.
No día 16 de setembro de 1932 Peg Entwistle chimpou da letra "H" do famoso sinal de Hollywood (naquela época era aínda "Hollywoodland"). O seu corpo rolou metros e metros no barranco, até ser encontrado dous días despois. Un detective e dous oficiais encontraron o corpo dunha muller nova loira, ollos azuis, que estaba moderadamente ben vestida. Non foi identificada até seu tío relacionar a descrición dada do corpo coas iniciais "P.E." na nota de suicidio. A causa da súa morte foi listada polo médico forense como "múltiples fracturas de pelve".
A nota de suicidio de Peg Entwistle di:
I am afraid, I am a coward. I am sorry for everything. If I had done this a long time ago, it would have saved a lot of pain. P.E.
Teño medo, son unha covarde. Síntoo moito por todo. Se fixese isto hai tempo, aforraría moita dor. P.E.
O seu funeral celebrouse en Hollywood e o corpo foi cremado. As súas cinzas foron enviadas despois para Glendale, Ohio, para ser enterrado preto de seu pai, no "Cemiterio Oak Hill". As súas cinzas foron enterradas no día 5 de xaneiro de 1933.