(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1971 (52 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Crossroads School for Arts & Sciences (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantante , violinista , compositora |
Período de actividade | 1992 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Violín e voz |
Selo discográfico | True North Records (en) |
Familia | |
Pai | Charlie Haden |
Irmáns | Tanya Haden (pt) , Rachel Haden (en) e Josh Haden (en) |
Páxina web | petrahaden.com |
Petra Haden, nada en Nova York o 11 de outubro de 1971, é unha violinista estadounidense.
Formou parte de numerosas bandas ao longo da súa carreira, nas que se inclúen The Decemberists ou The Rentals. Ademais, contribuíu en gravacións e actuacións de grupos como Weezer, Foo Fighters, Beck, Mike Watt, Green Day ou Jimmy Eat World.
É filla do baixista de jazz Charlie Haden, quen tivo máis fillos ademais de Petra: Rachel Haden e Tanya Haden (con quen Petra forma The Haden Triplets) e o baixista Josh Haden.
Petra Haden fixo unha versión do disco de The Who titulado The Who Sell Out a capella. Tamén editou o seu único traballo en solitario, chamado Imaginaryland, en 1999, xusto antes de ser atropelada nos Ánxeles polo que tivo que retirarse da interpretación durante sete meses.