Pidgin nixeriano Naijá | ||
---|---|---|
Falado en: | Nixeria | |
Total de falantes: | c. 40 millóns | |
Familia: | Inglés crioulo Atlántico Krio Pidgin nixeriano | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pcm
| |
Mapa | ||
Status | ||
O pidgin nixeriano, tamén chamado naijá ou naija, é unha lingua crioula baseada no inglés falada como lingua franca en Nixeria. A lingua tamén é coñecida como "pijin" ou broken (pronunciado "brokun"). Pode ser falado como un pidgin, un crioulo, un argot ou un acrolecto descrioulizado por diferentes falantes, que poden cambiar entre estas formas dependendo da configuración social.[2] Desenvolveuse unha ortografía común para o pidgin que foi gañando unha importante popularidade ao darlle á lingua un sistema de escrita harmonizado.[3][4]
Existen variacións do "pidgin nixeriano" que son faladas en África Occidental e Central, en países como Benín, Ghana e o Camerún.[5]
Existe unha versión da Wikipedia en Pidgin nixeriano |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pidgin nixeriano |