Pieter Brueghel, coñecido como Pieter Brueghel "o Vello" (para distinguilo de seu fillo máis vello), foi o primeiro dunha familia de pintores flamengos. Asinou como Brueghel ata 1559, despois de que os seus fillos retiraron o "h" do apelido.
Pieter Brueghel o Vello, considerado como un dos mellores pintores flamengos do século XVI é o membro mais importante da familia. Probabelmente naceu en Breda (Países Baixos).
Foi admitido como mestre na Guilda de San Lucas con 26 anos, en 1551. Foi aprendiz de Coecke Van Aelst, artista de Antuerpen, escultor, arquitecto, deseñador de tapicerías e vitrais. Foi nesa altura que Brueghel viaxa a Italia, onde produce unha serie de pinturas, a maior parte das cales representan paisaxes. A súa primeira obra asinada e datada foi producida en Roma, no 1553.
En 1553 estableceuse en Antuerpen e dez anos despois mudouse para Bruxelas, de xeito permanente. Dez anos despois casou con Mayken, filla de Van Aelst, o seu antigo mestre.
Os seus cadros, que realzan o absurdo na vulgaridade, están no entanto plenos de animación e pequenos detalles, expondo as fraquezas e loucuras humanas. A súa fama creceu a través dos gravados publicados por Cock, mais a súa paixón pola figura humana tornouno o máis representativo pintor flamengo do século XVI.
Obra
Existen aínda 45 pinturas sobreviventes que se dan por auténticas, e outras que se coñecen mais están perdidas. Unha terceira parte destas obras áchase no Kunsthistorisches Museum de Viena. Existe tamén un gran número de debuxos e gravados.
Paisaxe con Cristo e os apóstolos no Mar de Tiberíades, 1553, talvez pintada con Maarten de Vos; Colección Privada.
O peixe grande come o pequeno, 1556, Colección Albertina, Viena
Asno na escola, 1556, Kupferstichkabinett Staatliche Museen, Berlin
Parábola do sementador, 1557, Timken Museum of Art, San Diego
Paisaxe con a caída de Ícaro, c.1558, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
Proverbios holandeses, 1559, Staatliche Museen zu Berlin - Gemäldegalerie, Berlín
Loita entre o Entroido e a Coresma, 1559, Kunsthistorisches Museum, Viena
Batalla naval no Golfo de Nápoles, 1560, Galería Doria-Pamphili, Roma
Retrato dunha anciá, 1560,
Xogos de nenos, 1560, Kunsthistorisches Museum, Viena
Saúl (Batalla contra os Filisteos no Xilboa), 1562, Kunsthistorisches Museum, Viena
Dous macacos, 1562, Staaliche Museen, Gemäldegalerie, Berlín