Infotaula de personaPiteas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Πυθέας Editar o valor em Wikidata
c. 359 a. C. Editar o valor em Wikidata
Massália (Grécia Antiga) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 289 a. C. Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Actividade
Ocupaciónexplorador , astrónomo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV a. C. Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Piteas (c.-380 – c.-310 a.C.) foi un navegante, xeógrafo e explorador grego da colonia focea de Massilia (actual Marsella).

Traxectoria

Fixo unha viaxe de exploración polo noroeste de Europa arredor do ano 325 a.C. Piteas describiu as súas viaxes no libro Περὶ τοῦ Ὠκεανοῦ (Sobre o Océano), da que só se conservan fragmentos, citados por outros autores. Polibio e Estrabón, entre outros, acusaron a Piteas de describir unha viaxe que nunca realizou, un dos poucos en defendelo foi Eratóstenes. Pero o certo é que Piteas estimou a circunferencia de Gran Bretaña cun 2'5% de erro, e hai evidencias que usou a Estrela polar. Estudou as mareas en Gades, e puido descubrir que a lúa era quen as causaba. Na súa viaxe visitou as Illas Británicas, Galia, as Orcadas, Noruega e as Shetlands e citou unha afastada terra denominada Thula, que algúns identificaron como unha das illas Casitérides, aínda que actualmente os investigadores inclínanse por pensar que é unha illa norueguesa ou mesmo Islandia. Na súa viaxe calculou a localización e distancia do coñecido como o cabo dos Ártabros.