Pobo pijao | |
---|---|
Estatua dun indíxena pijao en Ibagué. | |
Poboación | |
Poboación total: 51 635 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
Colombia | 51 635 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua pijao e castelán |
Relixión | relixión tribal tradicinal, catolicismo[2] |
Grupos relacionados | panches, quimbayas e guayupes |
Os pijaos (tamén coñecidos como piajaos, pixaos ou pinaos) son un pobo indíxena que habita no departamento de Tolima, en Colombia. Na era precolombiana poboaron a Cordilleira dos Andes entre os nevados de Huila, de Quindío e de Tolima; no alto val do río Magdalena e no Valle del Cauca. Os pijaos non chegaron a formar un estado centralizado, manténdose como pobos federados.
A lingua pijao está moi mal documentada, e só se coñece un feixe de palabras. A lingua está extinta dende a década de 1950.[3] Gran parte da información sobre ela procede de frei Pedro Simón e outros cronistas españois[4] e de "listas de vocabulario" recollidas en 1943 no concello de Ortega por Alicia e Gerardo Reichel-Dolmatoff, así como por Roberto Pineda Giraldo e Milcíades Chaves.[5] Segundo Simón, os panches falaban a mesma lingua que os pijaos.[4]
A lingua pijao foi incluída dentro da familia lingüística caribe por Paul Rivet,[4][6] porén, o exame do escaso vocabulario coñecido permite rexeitar que a lingua dos pijaos fora caribe.[7] A evidencia lingüística non permite até o momento estabelecer parentescos filoxenéticos, pois é insuficiente.[8] A lingua pijao permanece sen clasificar[9] ou é caracterizada como lingua illada.[10]