Polpa dun gallo de laranxa.

A polpa das froitas é un tecido vexetal que, debido á súa apetecibilidade por conter substancias alimenticias, ten como obxecto favorecer a dispersión das sementes. Por iso a polpa de diferentes tipos de froitas e verduras desempeña un importante papel na nutrición de numerosos animais, incluído o home.

Características

Moitas plantas poden diseminar as súas sementes nun raio importante servíndose de animais. Para iso, revisten as, a miúdo, non dixeríbeis sementes cunha zumarenta e nutritiva polpa. Os animais que se alimentan dos froitos depositan as súas sementes, sen telas dixerido, nun lugar máis ou menos afastado de onde apañaron o froito. Deste xeito as especies vexetais esténdense de forma máis rápida.

A diferenza das noces, onde a semente é o verdadeiro alimento para os animais, no caso das froitas esta inxírese de forma accidental. Isto ten a vantaxe de que, para a mesma cantidade de sementes para diseminar, son menos as que ten que crear a propia planta, xa que non só as que se esqueceron e se perderon poden xerminar. Ademais non teñen unha casca dura que protexa á semente.

Pola contra, grazas á polpa, moitas especies animais séntense atraídas pola semente (en realidade, pola froita) e contribúen á súa diseminación. Cando a semente se depón xunto co excremento, este supón un medio de cultivo con nutrientes. No caso das drupas pequenas (cereixas, olivas), que son devoradas maioritariamente polos paxaros, a polpa sepárase da semente co peteiro e non se dixire, simplemente se desbota.

Procesos industriais

Na industria da alimentación a polpa é un produto intermedio, non adecuado para o consumo, que se utiliza para marmeladas, xeleas, recheos, lambetadas ou bebidas.[1]

Mediante presión da polpa da froita conséguese zume de froita ou, no caso de verduras, zume de verdura.

Notas

  1. Pulpa en foodlexicon.org Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas