Poulo | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Poulo. | |
Concello | Ordes[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°04′34″N 8°23′02″O / 43.07605519, -8.38401817Coordenadas: 43°04′34″N 8°23′02″O / 43.07605519, -8.38401817 |
Poboación | 323 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xulián de Poulo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ordes. Segundo o INE en 2022 tiña 323 habitantes (154 homes e 169 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 353 habitantes.
Na aldea de Carballo apareceron restos de canalizacións da época romana. Na aldea das Pardiñas atópanse restos dun poboado castrexo, o único do concello de Ordes no que aínda se poden observar parte das edificacións.
Na parroquia hai unha vivenda dun andar con teito a dúas augas. Na fachada ten unha inscrición na pedra, xunto á porta de entrada, na que se di que o rei Filipe II de España pasou alí unha noite no ano 1554. Hai dúas versións acerca da noite real: unha di que o rei viaxaba da Coruña a Santiago de Compostela por motivos reais ou relixiosos; outra indica que o rei se dirixía á Coruña para tomar un barco con destino a Gran Bretaña. Tampouco está claro se a parada foi improvisada por mor das condicións meteorolóxicas, ou se estaba xa planificada e a casa xa se acondicionara para recibir o soberano.
Lugares da parroquia de Poulo no concello de Ordes (A Coruña) | |
---|---|
Blanca | A Calle | A Costa | Lavandeira de Baixo | Lavandeira de Riba | O Outeiro | As Pardiñas | O Piñeiro | A Senra |