Purdue Boilermakers é o equipo deportivo da Universidade de Purdue en West Lafayette, Indiana. Os equipos dos Boilermakers participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big Ten Conference.
As orixes da sección de baloncesto datan de 1896. As súas mellores tempadas foron en 1969, cando chegaron por primeira vez á Final Four da NCAA, perdendo contra os UCLA Bruins, con Lew Alcindor á cabeza; e en 1980, onde conseguiron rematar outra vez entre as catro mellores universidades do país. Ó longo da súa historia foron 20 veces campións da súa conferencia.
En total 29 xogadores de Purdue chegaron a xogar na National Basketball Association (NBA), nos que salientan dous números un do Draft, Glenn Robinson en 1994, e Joe Barry Carroll en 1980.
Ata 1889, o equipo de fútbol americano competiu de forma independente. En 1896 uníronse á Big Ten Conference. Os seus maiores logros son a consecución da Rose Bowl en 1967, ó gañar a South Carolina, e da Sun Bowl no ano 2002.
Ademais dos mencionados, compiten noutros 8 deportes, dos que hai que salientar os seguintes triunfos: