ROSAT (Roentgen Satellit) | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA/DARA[1] |
Data de lanzamento | 1 de xuño de 1990[2][3][4] |
Foguete portador | Delta II 6920-8[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[3][5] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X.[3][5] |
Decaemento | 23 de outubro de 2011[2] |
NSSDC ID | 1990-049A |
Masa | 2421,1 kg[3] |
Potencia | 905 vatios[3] |
ROSAT (acrónimo do alemán Roentgen Satellit) foi un observatorio espacial construído en colaboración de Alemaña, os Estados Unidos e o Reino Unido, lanzado o 1 de xuño de 1990 mediante un foguete Delta II 6920-8 desde Cabo Cañaveral.[1][3]
ROSAT adicouse á observación astronómica no rango de lonxitudes de onda dos raios X. Estaba estabilizado nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 1 minuto de arco, cunha estabilidade de 5 segundos de arco por segundo ou mellor. A orientación acadábase mediante dous sensores estelares CCD.[1][3]
A duración inicial da misión era de 18 meses, pero prolongouse varias veces.[1][3] ROSAT finalmente reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 2011.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ROSAT |