Rick Rubin | |
---|---|
Nome completo | Frederick Jay Rubin |
Data nacemento | 10 de marzo de 1963 (61 anos) |
Nado en | Long Island, Nova York |
Ocupación | produtor |
Tempo en activo | 1982 - actualidade |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Frederick Jay Rubin, nado en Long Island (Nova York) o 10 de marzo de 1963, é un produtor musical estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo no rap e o heavy metal.
Foi a principal figura na fusión entre o rap e o hard rock ao unir a Run DMC e a Aerosmith na canción "Walk This Way". Foi tamén importante a súa persoa na fusión entre o rap e o heavy metal aparecendo o metal alternativo, o nu metal e outros estilos. A MTV dixo del que era "o máis importante produtor dos últimos 20 anos".
Ademais de ser produtor tamén é músico, sendo o DJ original dos Beastie Boys, e empresario discográfico, co-fundando Def Jam Records con Rusell Simons e máis tarde fundando American Recordings.