Robert Rossen
Nacemento16 de marzo de 1908
LugarNova York
Falecemento18 de febreiro de 1966
LugarNova York
Causadoenza
SoterradoWestchester Hills Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
EtniaPobo xudeu
Educado enUniversidade de Nova York
Cónxuxe(s)Sue Siegel Rossen
ProfesiónDirector, guionista
Na rede
IMDB: nm0744035 Allocine: 1600 Allmovie: p109015 TCM: 165794 IBDB: 8415
Find a Grave: 6747322 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Rossen, nado en Nova York o 16 de marzo de 1908 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1966 foi un director e guionista estadounidense.

Traxectoria

Comezou a súa carreira como director no teatro, en producións do Off Broadway. Coa comedia The Body Beautiful impresionou tanto a Mervyn LeRoy que o contratou como guionista persoal en 1936. Entre 1937 e 1947 foi membro do Partido Comunista Americano o que o obrigou a abandonar algún proxectos en Hollywood.

Debutou como director en 1947 con Johnny O'Clock apoiado polo protagonista, Dick Powell. Dous anos despois, o seu filme All the King's Men gañou o Óscar ao mellor filme. No filme Rossen explica como os defensores da xente corrente poden converterse en novos explotadores. Unha xuntanza do Partido Comunista nos Ánxeles criticou o filme e levou a Rossen a romper totalmente as súas relación co partido. En 1950 dirixiu The Brave Bulls, estreado o ano seguinte, que foi o último filme que dirixiu antes de que o puxesen na lista negra, tras ser considerado unha das dezanove “testemuñas non amigables” na súa declaración perante o House Un-American Activities Committee en outubro de 1947.

Finalmente volveu recuperar o éxito en 1961 con O buscavidas. Cando comezou a rodaxe de Lilith estaba enfermo e tras acabar xa perderá interese en volver a dirixir. Faleceu en 1966.

Filmografía

Ano Filme
1947 Johnny O'Clock
1947 Corpo e alma
1949 All the King's Men
1951 The Brave Bulls
1954 Mambo
1956 Alexander the Great
1957 Island in the Sun
1959 Chegaron a Cordura
1961 O buscavidas
1964 Lilith

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas