Robert Wise
Nome completoRobert Earl Wise
Nacemento10 de setembro de 1914
Lugar de nacementoWinchester
Falecemento14 de setembro de 2005
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterFranklin College e Connersville High School
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, montador, sindicalista, realizador e produtor
PremiosNational Medal of Arts, premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Óscar ó mellor director, Óscar ó mellor filme, Óscar ó mellor filme, Prémio AFI Life Achievement, star on Hollywood Walk of Fame e Prêmio Memorial Irving G. Thalberg
Na rede
IMDB: nm0936404 Allocine: 858 Rottentomatoes: celebrity/robert_wise_2 Allmovie: p117119 TCM: 208174 IBDB: 482171
Musicbrainz: 65ffb9c5-fe07-4032-83a7-7c4014ee7a40 Discogs: 319164 WikiTree: Wise-8518 Find a Grave: 11750517 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Cidadán Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo o director orixinal dun filme de terror, A maldición da muller pantera, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Obra

Véxase tamén

Ligazóns externas