Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.)
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. O artigo non se acaba de centrar no rock and roll e hai contidos sobre o rock en xeral Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2011)
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo.Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde xaneiro de 2011.)
Rock and roll
Orixe musicalblues, country, rhythm and blues, R&B, gospel
Orixe culturalanos 40-50 en Nova Orleáns, St Louis, Boston, Texas nos Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, piano
DerivadosMúsica rock, rockabilly, pop
Elvis Presley

O rock and roll ou rock'n'roll é un xénero musical orixinado na década de 1950, a partir do chamado rhythm and blues, música negra estadounidense.

Historia e características

As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, (Country e Blues, son máis de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos corenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" (Hank Williams, 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras iniciais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os topetes e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbil, non se pode falar de Rock.

Por primeira vez os mozos non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural. O rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito máis que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo John Lennon, antes de Elvis Presley non había nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evolucionou principalmente: Voz, dúas guitarras, baixo e batería. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o carácter explosivo e as gañas de vivir que transmiten desde os primeiros discos de Rockabilly até os Sex Pistols.

A partir de 1955 houbo unha explosión que abaneou os Estados Unidos. O rock invadiu as emisoras, os cines, as salas de baile e indignou á sociedade benpensante que contraatacou co escándalo Payola. A era do rock acabou en 1959, coa morte de Buddy Holly, Chuck Berry, Bo Diddley no caldeiro e Elvis facendo a mili en Alemaña, habería que agardar a que a semente prendese en Inglaterra e volvese no 1964 en forma de British Invasion para que o rock se convertese na plétora de variedades musicais co que o asociamos hoxe.

A invasión significou moitas cousas, desde unha volta ás raíces negras do rock até unha ampliación da súa base social e unha dignificación como forma artística, despois de discos como o "Revolver" dos Beatles ou o "Pet Sounds" dos Beach Boys o rock transcendeu o seu carácter de revolta xuvenil. Os setenta viron a disgregación da até entón sólida comunidade, por un lado os "dinosauros" (superbandas que facían tours interminábeis e tiñan un grande éxito repetindo o que fixeran nos sesenta) e o Rock sinfónico, por outro a música disco crearon un ambiente para a revolución do punk, que se musicalmente era un regreso á primitiva agresividade e proximidade do R'n'R, estética e politicamente significou unha ruptura que acentuou a división existente: un punk odiaba a un fan do rock comercial, nunha dicotomía que aínda se mantén.