Roman Weidenfeller | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Roman Weidenfeller | ||
Nacemento | 6 de agosto de 1980 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Diez | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Gardameta | ||
Carreira xuvenil | |||
1985–1996 | Sportfreunde Eisbachtal | ||
1996–1998 | 1. FC Kaiserslautern | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2002 | 1. FC Kaiserslautern | 6 | (0) |
2002–2018 | Borussia Dortmund | 349 | (0) |
Total | 355 | (0) | |
Selección nacional | |||
1999–2001 | Alemaña sub-21 | 3 | (0) |
2005 | Alemaña B | 1 | (0) |
2013–2015 | Alemaña | 5 | (0) |
Na rede | |||
http://www.roman-weidenfeller.de/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Roman Weidenfeller, nado o 6 de agosto de 1980 en Diez, é un exfutbolista alemán. Xogaba na posición de gardameta.
Nos seus anos en categorías inferiores, xogou para o Sportfreunde Eisbachtal. Weidenfeller fixo o seu debut coma profesional en 1997, tras as súas actuacións no Campionato do Mundo da FIFA sub-17 de 1997.
En 1998, Weidenfeller fichou polas categorías inferiores do 1. FC Kaiserslautern, onde xogou 40 partidos en dúas tempadas. Despois foi ascendido ó primeiro equipo pero tan só xogou en seis partidos en dúas tempadas.
Weidenfeller foise gratis ó Borussia Dortmund no ano 2002[1] coma futuro substituto de Jens Lehmann, quen se foi ó Arsenal en 2003. Fixo o seu debut co Dortmund o 17 de decembro de 2003 contra o seu antigo equipo, o Kaiserslautern, na derrota do Borussia por 1-0.