Ron Howard
Nome completoRonald William Howard
Nacemento1 de marzo de 1954
LugarDuncan (Oklahoma)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade do Sur de California, John Burroughs High School, USC School of Cinematic Arts e Desilu Productions
PaiRance Howard
NaiJean Speegle Howard
FillosBryce Dallas Howard e Paige Howard
Profesiónactor, produtor de cinema, director de cinema, actor de dobraxe, guionista, director de televisión, actor de televisión, actor de cinema, produtor de televisión e realizador
Na rede
IMDB: nm0000165 Allocine: 4059 Rottentomatoes: celebrity/ron_howard Allmovie: p94983 TCM: 89683 TV.com: people/ron-howard
Facebook: RealRonHoward Twitter: realronhoward Instagram: realronhoward Musicbrainz: aa70ea39-4bf1-4901-a75f-f2541b77c0e3 Songkick: 1199170 Discogs: 523594 WikiTree: Howard-14709 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ronald William "Ron" Howard, nado en Duncan (Oklahoma) o 1 de marzo de 1954, é un actor, director e produtor de cine estadounidense. É pai da tamén actriz Bryce Dallas Howard.

Traxectoria

Fíxose famoso como actor na súa infancia, ao dar vida a Opie Taylor na sitcom The Andy Griffith Show durante oito anos, e posteriormente ao adolescente Richie Cunningham en Happy Days durante seis anos. Ron apareceu nos filmes American Graffiti en 1973 e The Shootist en 1976, a última

durante o seu traballo en Happy Days. Realizou a súa estrea como director coa comedia de 1977 Grand Theft Auto e deixou Happy Days en 1980 para centrarse na dirección. Entre as súas películas están as gañadoras dun Oscar Cocoon, Apollo 13 e A Beautiful Mind. No ano 2003 foi galardoado coa Medalla Nacional das Artes. O asteroide 12561 Howard foi nomeado así por el.

Filmografía

Ano Título Notas
1969 Old Paint curtametraxe
Deed of Daring-Do curtametraxe
Cards, Cads, Guns, Gore and Death curtametraxe
1977 Grand Theft Auto tamén guionista
1982 Night Shift
1984 Splash
1985 Cocoon
1986 Gung Ho tamén produtor executivo
1988 Willow
1989 Parenthood tamén guionista
1991 Backdraft
1992 Far and Away tamén guionista e produtor
1994 The Paper
1995 Apollo 13
1996 Rescate
1999 EDtv tamén produtor
2000 How the Grinch Stole Christmas tamén produtor
2001 A Beautiful Mind Oscar ao mellor director

tamén produtor

2003 Desaparicións tamén produtor
2005 Cinderella Man tamén produtor
2006 The Da Vinci Code tamén produtor
2008 Frost/Nixon nomeado ao Oscar a mellor director

tamén produtor

2009 Angels & Demons tamén produtor
2011 The Dilemma tamén produtor

Véxase tamén