Roy Salvadori | |
![]() Salvadori nas 12 horas de Sebring (1958) | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 11 (1952–1962) |
Escudería(s) | Ferrari, Connaught, Maserati, BRM, Vanwall, Cooper, Aston Martin, Lola |
Grandes Premios disputados | 50 (47 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 2 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | = |
Primeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1952 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Suráfrica de 1962 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Roy Francesco Salvadori nado en Dovercourt, Essex o 12 de maio de 1922 e finado o 3 de xuño de 2012 foi un piloto e director de equipo británico de ascendencia italiana.[1][2] Debutou na Fórmula Un en 1952 e competiu regularmente ata 1962 para unha sucesión de equipos que inclúen Cooper, Vanwall, BRM, Aston Martin e Connaught. Tamén competiu noutras fórmulas e gañou as 24 Horas de Le Mans de 1959 nun Aston Martin co copiloto Carroll Shelby.
En 47 saídas conseguiu un podio do campionato de F1, o terceiro lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1958, e gañou carreiras fóra de campionato en Australia, Nova Zelandia e Inglaterra. En 1961 atopábase en segundo lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 cando o motor do seu Cooper fallou. A finais de 1962 retirouse da F1, e deixou de competir un par de anos despois para concentrarse no comercio de automóbiles. Regresou ao deporte en 1966 para dirixir o equipo Cooper-Maserati durante dúas tempadas, e finalmente retirouse a Mónaco.
Coa súa ambición frustrada pola segunda guerra mundial, Salvadori comezou a súa carreira en 1946, correndo puramente por pracer, en eventos menores, nun MG Cars e un ex-Brooklands con motor Riley antes de subir a un ex-Tazio Nuvolari Alfa Romeo P3 en 1947.[3][4] Foi con este coche que correu no Grand Prix des Frontières de 1947, onde a finais da carreira, o seu Alfa quedou atascado na súa marcha máis alta. Malia isto, Salvadori aínda cruzou a meta para rexistrar un impresionante quinto lugar.[5] Logo decidiu comezar unha carreira profesional e pilotou para diversas marcas mentres a súa carreira progresaba.[4]
En maio de 1951 na carreira BRDC International Trophy en Silverstone, Salvadori tivo un desagradable accidente cando o seu Frazer Nash Le Mans Replica deu dúas voltas e media de campá, terminando nas pacas de palla. Atopábase en estado crítico logo de sufrir unha fractura de cranio e outras graves lesións. Estivo tan preto da morte que lle deron a extremaunción.[6]
Salvadori coñecía as súas limitacións. Decatouse de que perseguir a Stirling Moss en circuítos tan complicados como Dundrod ou Pescara, coas súas curvas cegas unidas por longas rectas planas por unha superficie puída cun brillo semi-precioso polo abrasador sol dos Abruzzos, era poñerse ao bordo do suicidio. Aínda que non estaba só niso, fíxose coñecido como o "Rei dos Campos de Aviación". Certamente, acumulou vitorias en Silverstone, Circuíto de Snetterton e pistas inglesas en aeródromos. A carreira de Roy foi froito da tenacidade dun home que se fixo rico no comercio de coches de segunda man na Inglaterra inmediata da posguerra.[7][8]
Gañou dúas veces a International Gold Cup en Oulton Park[9] e logrou o seu éxito máis notable gañando nas 24 Horas de Le Mans, nun Aston Martin DBR1/300 en 1959.[10]
Debutou nunha carreira de Gran Premio en 1952, cando conduciu un Ferrari 500 dous litros de catro cilindros no Gran Premio do Reino Unido de 1952 para G. Caprara, terminando oitavo, a tres voltas do gañador.[11] Continuaría competindo co Ferrari, gañando o trofeo Joe Fry Memorial.[12] Para a tempada de 1953, Salvadori uniuse ao equipo Connaught e competiu en cinco Grandes Premios co Connaught "Tipo A", pero retirouse de todos eles.[11] Con todo, conseguiu unha serie de vitorias fora do campionato durante a tempada.[5]
Entre 1954 e 1956 Salvadori conduciu un Maserati 250F na Fórmula Un para o equipo de Syd Greene Gilby Engineering, logrando numerosos bos resultados nas carreiras predominantemente fóra do campionato de F1,[2] cunha participación cun Officine Alfieri Maserati no Gran Premio de Suíza de 1954 onde non comezou e o coche foi pilotado por Sergio Mantovani.[11] Foi no RAC British Grand Prix de 1956 en Silverstone cando só Moss montado nun 250F similar lle fixo sombra e perdeu unha posible vitoria por un problema no circuíto de combustible,[13] demostrando ser un potencial piloto de nivel superior. Con todo, seguiu sendo particularmente activo no deporte de motor doméstico e en coches de deportivos para Aston Martin.[11]
Desde o seu debut no Campionato en 1952, Salvadori experimentaría retirada tras retirada. Das dez carreiras disputadas entre 1953 e 1956, el retiraríase cedo en cada unha delas.[14] Pero todo isto cambiou en 1957, cando asinou con Cooper, alcanzando só un quinto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1957.[15] Con todo 1958 (como compañeiro de Jack Brabham) foi a súa mellor tempada, acabando cuarto no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1958 de pilotos para Cooper, detrás de Mike Hawthorn, Stirling Moss e Tony Brooks.[16] No transcurso da tempada, acadaría dous podios, incluíndo un segundo lugar no Gran Premio de Alemaña de 1958.[17] Aínda así non foi retido por Cooper para 1959 (cando Brabham gañaría o primeiro dos seus títulos) pero pilotou un Cooper privado, así como un Aston Martin Aston Martin oficial, no cal conseguiu rematar dúas veces no sexto lugar.[11] O Aston Martin era un coche tradicional con motor dianteiro, que pronto foi superado polo concepto do motor traseiro de Cooper.[4] Con todo, gañou o Trofeo de Londres no Crystal Palace cun Cooper de Fórmula 2. O equipo de Aston Martin continuou en 1960 pero de novo sen éxito e Salvadori tamén continuou participando cun Cooper privado.[4][11]
En 1961, Salvadori trasladouse ao equipo Yeoman Credit Racing de Reg Parnell como compañeiro de John Surtees, competindo en cinco Grandes Premios e logrando dous sextos postos co Cooper T53 Climax 1.5-litros. O Cooper era agora forte na competición cos coches Lotus de Colin Chapman, Salvadori estaba a punto de coller a Innes Ireland no liderado no Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 en Watkins Glen, cando o motor fallou.[2][18] Continuou con Parnell para 1962, agora baixo o nome de Bowmaker Racing Team cun Lola Mk4-Climax, pero de oito intentos retirouse sete veces e non puido iniciar outra (John Surtees tomou o coche).[11] 1962 foi a última tempada de Salvadori na Fórmula Un. A tempada comezara cun desagradable accidente nun Cooper durante a cualificación para a Warwick Farm '100' en Australia, o lle que deixou unha parálise facial temporal.[19][20]
Ao longo da súa carreira na Fórmula 1, Salvadori continuou participando en moitas outras clases, particularmente dentro do Reino Unido e como resultado fíxose moi coñecido a nivel nacional.[4] Durante as tempadas 1951 e 1952, mentres participaba en carreiras de coches deportivos en toda Inglaterra, converteríase nun habitual dos podios e gañaría a súa primeira carreira no BARC en Goodwood en 1952.[21] Seguirían a esta vitoria outras na tempada en Snetterton e Goodwood.[21] En 1953 Salvadori logrou máis podios con algunhas vitorias.[21] Con todo, no seu primeiro intento nas 24 Horas de Le Mans, pilotando un Aston Martin oficial non lle foi ben. Copilotando con George Abecassis, un fallo do embrague conduciría a unha pronta retirada.[22] O piloto impresionou coa súa actitude de agresiva presión, cando terminou segundo no Internationales ADAC-1000 km Rennen Weltmeisterschaftslauf Nürburgring nun Jaguar C-Type da Ecurie Ecosse, compartido con Ian Stewart [23]
Desde que comezou a competir en automóbiles deportivos nos niveis superiores durante os anos 50, era habitualmente unha aposta segura para terminar entre os cinco primeiros, xa fose en carreiras nacionais ou internacionais.[21][24] Con todo, en 1959, lograría unha serie de éxitos dos cales incluso os mellores se sentirían envexosos. Malia que só terminou unha carreira no ano ata marzo, nos seguintes tres meses Salvadori encadeou un camiño incrible de éxitos. Comezou cun segundo lugar na carreira do Imperio Británico, pero seguiu con dúas vitorias consecutivas no Aintree 200 e unha carreira internacional en Silverstone. E logo, un par de segundos postos e outra vitoria, esta vez na carreira do Open Nacional en Crystal Palace a mediados de maio. Gañando no Circuíto da Sarthe as 24 Horas de Le Mans.[25]
Salvadori foi contratado para a carreira por David Brown Racing Dept. nun Aston Martin DBR1/300, asociado co mesmo copiloto que tivera nas 12 Horas de Sebring anteriormente ese mesmo ano, o texano Carroll Shelby.[26][27] O desgaste sería unha constante e finalmente na pista quedaron apenas 13 coches; liderando os coches superviventes estaban Salvadori e Shelby. O inglés levou o coche a meta dándose a si mesmo e a Brown a vitoria de Le Mans que cada un estivera anhelando durante moitos anos.[28][29] Este foi o punto culminante da súa carreira deportiva, especialmente porque Shelby estaba con diarrea e polo tanto, Salvadori fixo a maior parte da condución.[2][30] Antes do final da tempada, anotaría catro vitorias máis. Foi realmente a súa mellor tempada.[25]
Seguiu á tempada 59 outra boa tempada en 1960, anotando cinco vitorias, incluíndo unha racha de catro triunfos en cinco carreiras.[25] Mentres en Le Mans, permitiu ao seu copiloto Jim Clark pilotar o suficiente para expresarse, pero sempre aconsellando sabiamente para que o emparellamento terminase terceiro no DBR1 de Border Reivers.[31]
1961 veríao lograr dúas vitorias no Crystal Palace o mesmo día, ademais dunha serie doutros podios.[25]
Regresou ás vitorias no Circuíto de Sarthe en 1962, cando compartiu un Jaguar E-Type con Briggs Cunningham. O par terminou cuarto na xeral, pero gañou a súa clase.[32]
Un ano máis tarde trompeou no aceite verquido polo Aston Martin (DP214) de Bruce McLaren durante as primeiras voltas da carreira, envorcou sobre o teito do seu E-Type, e estalou en chamas. Jean-Pierre Manzon no seu Aerodjet LM6 golpeou a Salvadori e detívose no medio da pista. Christian Heins foi incapaz de evitar os restos, perdeu o control, golpeou outro coche, trompeou e explotou en chamas. Aínda que Salvadori e Manzon resultaron feridos, Heins morreu instantaneamente.[33] O accidente finalmente levou a Salvadori a retirarse das carreiras a principios de 1965, logo de terminar segundo na carreira do Trofeo de Whitsun en Goodwood, nun Ford GT40.[4][34] A última vitoria en autos deportivos chegou a tempada anterior no Scott-Brown Memorial at Snetterton.[35]
Regresou á Fórmula Un para servir como xefe de equipo no equipo de carreiras de Cooper en 1966 e 1967. Logo dun desacordo co equipo, iríase e centrouse no seu propio negocio. Lonxe da pista, involucrouse cun concesionario de autos en Surrey entre 1968 e 1969. Salvadori tamén participou nas primeiras etapas do proxecto GT40 de Ford, pero renunciou, cando o manexo da máquina parecía problemático, sen aceptar un pago polos seus servizos.
Retirouse a Mónaco a finais dos anos 60.[4] Morreu despois dunha longa enfermidade o 3 de xuño de 2012 á idade de 90 anos.
Salvadori casou con Susan Hindmarsh, unha das fillas da piloto de carreiras que bateu a marca de longa distancia ao redor do mundo Violette Cordery e o seu marido, o piloto de carreiras e aviador John Stuart Hindmarsh.[2][36]
Tempada | Series | Posición | Equipo | Coche |
---|---|---|---|---|
1952 | Joe Fry Memorial Trophy [37] | 1º | G, Caprara | Ferrari 500 |
Goodwood Nine Hours [38] | 3º | G. Caprara | Ferrari 225 S | |
Charterhall International [39] | 3º | B. Baird | Ferrari 225 S | |
1953 | WECC Trophy [40] | 1º | Connaught Engineering | Connaught-Les Francis Type A |
Madgwick Cup [41] | 1º | Connaught Engineering | Connaught-Les Francis Type A | |
Lavant Cup [42] | 2º | Connaught Engineering | Connaught-Les Francis Type A | |
AMOC Trophy [40] | 2º | Ferrari | ||
Daily Express BRDC International Trophy [43] | 2º | Connaught Engineering | Connaught-Les Francis Type A | |
Crystal Palace Trophy [44] | 2º | Connaught Engineering | Connaught-Les Francis Type A | |
Internationales ADAC-1000 km Rennen Weltmeisterschaftslauf Nürburgring [45] | 2º | Ecurie Ecosse | Jaguar C-Type | |
Newcastle Journal Trophy [40] | 3º | Connaught Engineering | Connaught-Les Francis Type A | |
1954 | Curtis Trophy [46] | 1º | Gilby Engineering | Maserati 250F |
WECC Trophy [47] | 1º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
British Empire Trophy [48] | 2º | Gilby Engineering | Maserati A6GCS | |
Lavant Cup [49] | 2º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Chichester Cup [47] | 2º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
August Cup [50] | 2º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Penya Rhin Grand Prix [51] | 2º | Ecurie Ecosse | Jaguar C-Type | |
Whitsuntide Race [47] | 3º | Maserati 250F | ||
Grand Prix de Rouen-les-Essarts [52] | 3º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Goodwood Trophy [53] | 3º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
1955 | Glover Trophy [54] | 1º | Gilby Engineering | Maserati 250F |
Lavant Cup [55] | 1º | John Young | Connaught-Les Francis Type A | |
WHDCC Trophy [56] | 1º | Maserati 250F | ||
WECC Trophy [56] | 1º | Maserati 250F | ||
Curtis Trophy [57] | 1º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Daily Telegraph Trophy [58] | 1º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Chichester Cup [56] | 2º | Maserati 250F | ||
BRDC International Trophy [59] | 2º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Silverstone International [60] | 2º | Aston Martin | Aston Martin DB3S | |
Snetterton International [61] | 2º | Gilby Eng. | Maserati 250F | |
BARC Trophy [56] | 2º | Maserati 250F | ||
London Trophy [62] | 3º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Aintree International [63] | 3º | Roy Salvadori | Aston Martin DB3S | |
1956 | Circuíto do Porto [S1.5] [64] | 1º | Cooper Car Company | Cooper-Climax T39 |
RAC British F2 Grand Prix [65] | 1º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T41 | |
Vanwall Trophy [66] | 1º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
Bank Holiday F2 Race [67] | 1º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T41 | |
Sussex Trophy [68] | 1º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T41 | |
International Gold Cup [69] | 1º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T41 | |
Glover Trophy [70] | 2º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
British Empire Trophy [71] | 3º | Cooper | Cooper-Climax T39 | |
Rheinland-Pfalz Preis Nürburgring [72] | 3º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T39 | |
Grand Prix de Caen [73] | 3º | Gilby Engineering | Maserati 250F | |
1957 | Woodcote Cup [74] | 1º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T43 |
British Empire Trophy [75] | 2º | D. Brown (Aston Martin) Ltd. | Aston Martin DBR1 | |
Sussex Trophy [76] | 2º | Aston Martin | Aston Martin DBR1 | |
Grand Prix de Spa [77] | 2º | Aston Martin | Aston Martin DBR1 | |
London Trophy [78] | 2º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T43 | |
Aintree International [79] | 2º | Aston Martin | Aston Martin DBR1 | |
Grand Prix de Caen [80] | 2º | Cooper-Climax T43 | ||
Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 [81] | 18º | Owen Racing Organisation Vandervell Products Cooper Car Company |
BRM P25 Vanwall VW5 Cooper-Climax T43 | |
1958 | Aintree 200 [82] | 2º | David Brown | Aston Martin DBR2 |
Daily Express BRDC International Trophy [83] | 2º | Cooper Car Co. | Cooper-Climax T45 | |
Großer Preis von Deutschland [84] | 2º | Cooper Car Company | Cooper-Climax T45 | |
RAC Tourist Trophy [85] | 2º | David Brown Ltd. | Aston Martin DBR1/300 | |
Glover Trophy [86] | 3º | Cooper-Climax T45 | ||
Gran Premio RAC do Reino Unido [87] | 3º | Cooper Car Company | Cooper-Climax T45 | |
Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 [88] | 4º | Cooper Car Company | Cooper-Climax T45 | |
USAC Road Racing Championship [89] | 14º | Cooper Car Company | Cooper-Climax T45 | |
1959 | Aintree 200 [90] | 1º | John Coombs | Cooper-Maserati Monaco T49 |
London Trophy [91] | 1º | High Efficiency Motors | Cooper-Climax T43 | |
24 Horas de Le Mans [92] | 1º | David Brown Racing Dept. | Aston Martin DBR1/300 | |
Lavant Cup [93] | 2º | High Efficiency Motors | Cooper-Climax T43 | |
Fordwater Trophy for Saloon Cars [94] | 2º | John Coombs Racing Organisation | Jaguar 3.4 | |
Daily Express BRDC International Trophy [95] | 2º | David Brown Corporation | Aston Martin DBR4/250 | |
British Empire Trophy [96] | 2º | John Coombs | Cooper-Maserati Monaco T49 | |
John Davy Trophy [97] | 2º | High Efficiency Motors | Cooper-Climax T43 | |
BRSCC British Saloon Car Championship [98] | 9º | John Coombs Racing Organisation | Jaguar 3.4 | |
1960 | Sussex Trophy [99] | 1º | John Coombs | Cooper-Maserati Monaco T49 |
Aintree 200 [100] | 1º | John Coombs | Cooper-Maserati Monaco T49 | |
Lancashire & Cheshire C.C. F2 [101] | 1º | High Efficiency Motors | Cooper-Climax T51 | |
Silverstone International – Sports Cars [102] | 1º | John Coombs | Cooper-Maserati Monaco T49 | |
Brands Hatch International [103] | 1º | J. Coombs | Cooper-Climax Monaco T49 | |
Fordwater Trophy [104] | 2º | John Coombs Racing Organisation | Jaguar Mk II | |
RAC Tourist Trophy [105] | 2º | Essex Racing Team | Aston Martin DB4 GT | |
Oulton Park Trophy [106] | 3º | High Efficiency Motors | Cooper-Climax T51 | |
24 Hores de Le Mans [107] | 3º | Bordes Reivers | Aston Martin DBR1/300 | |
Lavant Cup [108] | 3º | High Efficiency Motors | Cooper-Climax T51 | |
International Formula Libre Grand Prix [109] | 3º | John Coombs | Cooper-Climax Monaco T49 | |
1961 | Longford Trophy [110] | 1º | Ecurie Vitesse | Cooper-Climax T51 |
Lombank Trophy [111] | 1º | J. Ogier | Aston Martin DB4 GT | |
London Trophy [112] | 1º | Yeoman Credit Racing Team | Cooper-Climax T53 | |
Silverstone International – Sports Car [113] | 2º | John Coombs Racing Organisation | Cooper-Climax Monaco T49 | |
Peco Trophy [114] | 2º | John Coombs | Jaguar E-Type | |
Scott-Brown Memorial Trophy [115] | 2º | John Coombs | Jaguar E-Type | |
Molyslip Trophy [116] | 2º | Jaguar E-Type | ||
Glover Trophy [117] | 3º | Yeoman Credit Racing Team | Cooper-Climax T53 | |
B.R.D.C. International Trophy [118] | 3º | Yeoman Credit Racing Team | Cooper-Climax T53 | |
Peco Trophy [119] | 3º | John Coombs | Jaguar E-Type | |
RAC Tourist Trophy [120] | 3º | Essex Racing Team | Aston Martin DB4 GT Zagato | |
Grote Prijs van Danske [121] | 3º | Yeoman Credit Racing Team | Cooper-Climax T53 | |
BRSCC British Saloon Car Championship [122] | 5º | John Coombs | Jaguar Mk II 3.8 | |
Campionato Inter-Continental [123] | 6º | Yeoman Credit Racing Team | Cooper-Climax T53 | |
Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 [124] | 17º | Yeoman Credit Racing Team | Cooper-Climax T53 | |
1962 | Lavant Cup [125] | 2º | Lola-Climax T4 | |
Crystal Palace Trophy [126] | 2º | Lola-Climax T4 | ||
Kanonloppet [127] | 2º | Bowmaker Racing Team | Lola-Climax T4 | |
Peco Trophy [128] | 2º | John Coombs | Ferrari 250 GTO | |
1963 | Lavant Cup [129] | 1º | Cooper-Climax Monaco T61 | |
Aintree 200 [130] | 1º | C. T. Atkins | Cooper-Climax Monaco T61 | |
Silverstone International – Sports Cars [131] | 1º | C. T. Atkins | Cooper-Climax Monaco T61 | |
The Motors 6 Hours [132] | 1º | Tommy Atkins | Jaguar Mk II 3.8 | |
Coppa Inter-Europa (+2.0) [133] | 1º | David Brown/Aston Martin Lagonda | Aston Martin DP214 | |
St. Mary's Trophy [134] | 2º | Tommy Atkins | Jaguar Mk II 3.8 | |
Norbury Trophy [135] | 2º | Tommy Atkins | Jaguar Mk II 3.8 | |
Guards Trophy [136] | 2º | C. T. Atkins | Cooper-Climax Monaco T61 | |
Sussex Trophy [137] | 3º | Tommy Atkins | Jaguar E-Type | |
Grovewood Trophy [138] | 3º | C. T. Atkins | Jaguar E-Type Lightweight | |
The Slip Molyslip Trophy [139] | 3º | Tommy Atkins | Jaguar Mk II 3.8 | |
RAC Tourist Trophy [140] | 3º | C. T. Atkins | Jaguar E-Type Lightweight | |
BRSCC British Saloon Car Championship [141] | 4º | Tommy Atkins | Jaguar Mk II 3.8 | |
1964 | Whitsun Trophy [142] | 1º | Tommy Atkins | Cooper-Maserati |
Coppa Inter-Europa [143] | 2º | Maranello Concessionaires | Ferrari 250 LM | |
1965 | Whitsun Trophy [144] | 2º | F. English Ltd. | Ford GT40 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
† Coche pilotado na carreira, por Sergio Mantovani.[11]
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3S | S3.0 | 72 | Ret Embrague | |
1954 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3S | S5.0 | 222 | Ret Xunta da culata | |
1955 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3S | S3.0 | 105 | Ret Motor | |
1956 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3S | S3.0 | 175 | Ret Accidente | |
1957 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 112 | Ret Tubo de aceite | |
1958 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 49 | Ret Accidente | |
1959 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 323 | 1º | 1º |
1960 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 306 | 3º | 3º |
1961 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 243 | Ret Fuga combustible | |
1962 | ![]() |
![]() |
Jaguar E-Type | GT4.0 | 310 | 4º | 1º |
1963 | ![]() |
![]() |
Jaguar E-Type Lightweight | GT+3.0 | 40 | Ret Accidente => lume |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1954 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3S | S3.0 | 24 | Ret Motor | |
1956 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3S | S3.0 | 187 | 4º | 1º |
1957 | ![]() |
![]() |
Maserati 250S | S3.0 | 68 | DESC Repostaxe ilegal | |
1958 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 62 | Ret Transmisión | |
1959 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DBR1/300 | S3.0 | 32 | Ret Panca de cambios |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | ![]() |
Frazer Nash Le Mans Replica | S2.0 | saíu resultado descoñecido | |||
1954 | ![]() |
Maserati A6GCS | NTS Motor |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1953 | ![]() |
![]() |
Aston Martin DB3 | S+2.0 | 4º | 3º |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roy Salvadori ![]() |