Biografía | |
---|---|
Nacemento | 860 Panjrūd (Império Samânida) |
Morte | 941 (80/81 anos) Panjrūd (Império Samânida) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Império Samânida (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , cantante , escritor , rapsodo (pt) |
Xénero artístico | Ruba'i (en) , Cássida (pt) e ghazal |
Pseudónimo literario | Рудаки |
Lingua | Lingua persa |
Abdullah Jafar Ibn Mohammad Rudaki (en taxico Абӯабдуллоҳ Ҷафар Ибн Муҳаммад Рӯдакӣ; en persa ابوعبدالله جعفربن محمدبن حکیمبن عبدالرحمنبن آدم رودکی), nado en Rudak (imperio Samánida) en 859 e finado no mesmo lugar arredor de 941, foi un poeta persa coñecido como Rudaki, Rudagi ou Rudhagi, primeiro grande autor da lingua persa moderna e considerado o fundador da literatura persa clásica.
A súa poesía contén moitos dos vellos xéneros da poesía persa, incluíndo o cuarteto,[1] mais só unha pequena porcentaxe da súa extensa obra sobreviviu.
Naceu en Rudak, localidade de Transoxiana, actualmente rexión de Panjakent en Taxikistán. A maioría dos seus biógrafos din que era totalmente cego, aínda que non de nacemento. Foi o poeta da corte do emir samánida Nasr II (914-943) en Bukhara, mais crese que logo perdeu os seus favores e foi condenado á pena de cegueira por motivos relixiosos.[2]
Rudaki escribiu en todos os estilos poéticos, aínda que a súa temática preferida era a bucólica: na súa obra prevalece a ledicia e o optimismo. Consíderase Kalila wa Dimna, da que só se conservan fragmentos, a súa obra máis destacada.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rudaki |