S.S. Basket Napoli | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1946 |
Desaparición | 2010 |
Historia | Serapide Pozzuoli (1995-1999) |
Cores | Azul, branco |
Localización | |
Cidade | Nápoles, Italia |
Pavillón | PalaBarbuto |
Capacidade | 5.500 |
Inauguración | 2003 |
Campionatos | |
Copa Italia | 1 (2006) |
A Società Sportiva Basket Napoli foi un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Nápoles que chegou xogar na Lega Basket Serie A e gañar a Copa de Italia en 2006, así como participar na Euroliga. Non se debe confundir co Napoli Basket, equipo da mesma cidade que compite na Serie A.
Antes da tempada 1999-00 a sociedade chamábase Serapide Pozzuoli. En 1999 o presidente Lubrano trasladou ao equipo dende a súa sede de Pozzuoli (cidade da provincia de Nápoles) á capital. A sociedade foi cedida a Mario Maione en xullo de 2001 e na tempada 2001-02 o club consegue o ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, chegando a gañar en 2006 gañou a Copa de Italia e participar na Euroliga.
En 2008 o Consello Federal da Federación Italiana de Baloncesto revogou a admisión do conxunto á Serie A por incumprimentos financeiros. Así o Basket Napoli así foi relegado á Serie C2, chegando á bancarrota o 12 de xaneiro de 2010, desaparecendo. Disputaba os seus encontros no PalaBarbuto de Nápoles, con capacidade para 5.500 espectadores e as súas cores eran o branco e o azul.
Anos 1980
Anos 1990
Anos 2000