Santa Cruz de Viana | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Cruz de Viana. | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′41″N 7°51′01″O / 42.57816063, -7.85034872Coordenadas: 42°34′41″N 7°51′01″O / 42.57816063, -7.85034872 |
Área | 4,45 km² |
Poboación | 56 hab. (2019) |
Densidade | 12,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Cruz de Viana é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 83 habitantes distribuídos en 4,45 [2] km², segundo datos do INE[3] e do IGE[4], deles 40 eran homes e 43 eran mulleres. O que supón unha diminución respecto o ano 2007 que tiña 101 habitantes, deles 46 eran homes e 55 eran mulleres. En 2016 tiña 64 habitantes, 33 mulleres e 31 homes, segundo o INE.
O topónimo vén do latín Sancta Crux que fai referencia á invención da Vera Cruz nos tempos de Constantino. En 1244 figura como Sancta Cruce de Asma.
Viana ten unha orixe pouco clara. Pode ser unha palabra precelta con significado de monte. Pode estar relacionada co latín via ou cos antropónimos Veianus ou Vivianus[5].
Lugares da parroquia de Santa Cruz de Viana no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Burgás | Quintá | Santa Cruz | Viana | Vilame | Vilardamos |