Nome orixinal | (ang) Sexburh |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 640 |
Morte | 699 (58/59 anos) |
Abadesa | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 6 de xullo |
Outro | |
Título | Raíña |
Cónxuxe | Eorcenberht de Kent |
Fillos | Ecgberht I de Kent, Ermenilda de Ely (pt) , Hlothhere de Kent, Eorcengota (pt) |
Pai | Anna de Anglia Oriental |
Irmáns | Jurmin (en) , Wihtburh (en) , Aethelthryth, Æthelburh of Faremoutiers (en) e Sæthryth (en) |
Seaxburh (inglés antigo: Sexburh), tamén coñecida como Santa Sexburga de Ely, finada en 699, foi a raíña do rei Eorcemberht de Kent, tamén foi unha abadesa e unha santa da Igrexa católica.
As irmás da raíña Seaxburh foron: Aethelburg de Faremoutiers, Saethryth, Aethelthryth e posibelmente Withburh. O seu matrimonio co rei Eorcemberht deu como resultado dous fillos varóns e dúas fillas; ambos asumiron o cargo de reis. Despois da morte do seu esposo en 664, Seaxburh quedou no reino de Kent para coidar aos seus fillos e traballou como rexente ata que o seu fillo máis vello Ecgberht I de Kent tivo idade para gobernar.
Seaxburh fundou as abadías de Milton Regis e Minster-in-Sheppey, onde a súa filla Ermenilda tamén foi monxa. Mudouse ao mosteiro de Ely onde a súa irmá Aethelthryth era a abadesa, despois da morte da súa irmá no ano 679, Seaxburh converteuse na súa sucesora. Segundo Beda, no ano 695, despois de que o corpo da súa irmá estivo dezaseis anos nunha fosa común, fixo que o trasladasen a un sarcófago de mármore. No momento no que abriron a fosa, descubriron que o corpo de Aethelthryth estaba totalmente intacto, coma se acabase de morrer. A lenda de Aethelthryth atópase na Historia ecclesiastica gentis Anglorum, a cal celebra a santidade e as virtudes de Aethelthryth, pero de Seaxburh só fala do seu matrimonio, do feito de que sucedeu á súa irmá como abadesa e do traslado das reliquias da súa irmá.
A data exacta da morte de Seaxburh non é coñecida exactamente, pero a súa vida aparece recompilada despois de 1106 na Vita Sexburge, onde se describe a maior parte da súa vida, pero sobre todo a súa vida como monxa.
O pai de Seaxburh foi Anna, rei de Anglia Oriental, fillo de Eni, quen gobernou o reino de Anglia Oriental desde o ano 640 e morreu, xunto co seu fillo Jurmin, durante a batalla de Bulcamp no ano 653 ou 654[1]. As súas irmás foron Æthelburg e Saethryth, ambas abadesas da abadía de Faremoutiers en Brie, de feito Aethelthryth tiña outra irmá chamada Withburh, esta casou por primeira vez con Tonberht, un ealdorman dos Gyrwe meridionais nos Fens e por segunda vez con Ecgfrith de Northumbria. Withburh, finada en 743, foi se cadra tamén irmá súa[2].
Seaxburh casou con Eorcemberht de Kent e tivo como fillos aos reis Ecgberht I de Kent (finado en 673) e Hlothhere de Kent (finada en 685) e a dúas fillas Eormenhild e Eorcengota. Seaxburh ao morrer foi enterrada en Ely, xunto coas súas irmás Aethelthryth, Wihtburh e a súa filla Eormenhild.
A familia de Seaxburh uniuse coa familia real de Magonsaete mediante o seu matrimonio con Eorcemberht, o cal foi rei de Kent do 640 ao 664. Eorcemberht era o tío avó de Milburh e da súa irmá, Merewalh de Magonsætan[3].
Os seus fillos Ecgberht e Hlothhere convertéronse nun momento dado en reis de Kent. A súa filla Eorcengota converteuse en monxa en Faremoutiers e despois foi canonizada[4]. Eorcemberht é mencionado na Crónica anglosaxoa durante o ano 640:
Despois o seu fillo Eorcenberht tomou o mando do reino; durante o seu reinado eliminou todo culto ao diaño e foi o primeiro rei en establecer o festival de Pascua.
Na mesma pasaxe está a única referencia das Crónicas a Seaxburh e á súa filla Eorcengota,
Seaxburh e Eorcenberht tiveron unha segunda filla chamada Eormenhild, quen casou con Wulfhere de Mercia; despois da morte do seu esposo volveuse monxa para máis tarde ser canonizada. De acordo con Barbara Yorke, o matrimonio de Seaxburh co rei foi de suma importancia, non só pola unión de familias, senón porque estableceu as bases para a vida monástica feminina durante o período anglosaxón, xa que converteu o feito dunha exraíña retirarse a un mosteiro nun exemplo do desexábel que é a vida monástica para as mulleres da clase alta[7].
Eorcenberht morreu o 14 de xullo no 664, debido a unha praga que apareceu ese ano. Despois da morte do seu esposo Seaxburh quedou en Kent para educar aos seus fillos. A súa presenza no reino provocou unha grande influencia en cuestións políticas e relixiosas: exerceu como rexente mentres o seu fillo máis vello tiña a idade para ser coroado como rei e foi a fundadora da primeira abadía en Kent para mulleres en Milton. Tempo despois Seaxburh fíxose monxa e fundou a abadía do Minster-on-Sea[8]. De acordo co Libro de Ely, unha crónica escrita en Ely no século XII, a Seaxburh foille outorgado o veo da santidade por Teodoro, arcebispo de Canterbury. Segundo a haxiografía de Seaxburh refuxiouse no mosteiro como monxa despois de ter un posto secular que non puido tolerar.
Eorcenberht de Kent | Seaxburh de Ely | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Eormenhild | Wulfhere de Mercia | Ercongota | Ecgberht I de Kent | Hlothhere de Kent | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tras a morte do seu esposo Seaxburh opúxose terminantemente a casar de novo, así que dedicou a súa vida á igrexa[9][10][11][12].
Pouco despois Seaxburh mudouse ao mosteiro dobre de Ely, onde a súa irmá Æthelthryth era abadesa. A historiadora Barbara Yorke mencionou que cabía a posibilidade de que Seaxburh e Seaxburh de Wessex fosen a mesma persoa, pero tamén di acontecementos relixiosos aos que deu pé Seaxburh, polo que a suposición foi descartada[13].
De acordo con Yorke, a decisión de Seaxburh de non buscar a outro esposo e volverse monxa volveuse unha tradición anglosaxoa en Ely para todas as mulleres viúvas[14]. Seaxburh era descrita no Libro de Ely como unha "pretiosa virago", ou preciosa guerreira, tivo un grande éxito como abadesa cando a súa irmá morreu pola praga do 679[15][16]. Probabelmente a súa experiencia política axudouna para lograr tantos avances durante o seu mandato no mosteiro[17].
No ano 695, Seaxburh decidiu trasladar o corpo da súa irmá Æthelthryth dunha fosa común a un sarcófago en Ely, despois de 16 anos da súa morte[18]. O Libro de Ely describe este evento con detalle: Cando a súa tumba foi aberta, o corpo de Æthelthryth foi descuberto sen danos e o seu cadaleito e roupa tiñan poderes milagrosos[19]. O seu sarcófago foi feito de mármore branco e axustárono á súa medida. Seaxburh supervisou a preparación do corpo da súa irmá, o cal foi aseado e vestido con nova roupa[20].
A data exacta da morte de Seaxburh non é coñecida, pero de acordo co Libro de Ely, cando faleceu, Richard Bishop escribiu as memorias de Seaxburh e de todas as mulleres santas da época[21].
Seaxburh é mencionada nunha relación escrita dos máis antigos reis cristiáns de Kent e os seus familiares canonizados chamado Kentish Royal Legend (inglés antigo: Þá hálgan). Sendo raíña e á parte unha monxa canonizada, Seaxburh foi sumamente notábel na súa época e nesa obra[22].
Na Catholic Encyclopedia de 1913 aparece unha lista dos feitos e das mortes de varios santos e os seus milagres, de igual maneira todas as accións e as reliquias de Sexburh foron recompiladas despois de 1106. O libro Vita Sexburge describe a infancia de Seaxburh, o seu matrimonio con Eorcenberht e os seus últimos anos como monxa e abadesa en Ely[23].