Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. trasladar os contidos sobre a lousa ao artigo da lousa e trasladar os contidos sobre Valdeorras aos artigos da comarca e dos concellos correspondentes Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2019)
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina.Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde setembro de 2019.)
Canteira de lousa en Valdeorras.

O sector da lousa en Valdeorras é a industria de extracción de lousa na comarca de Valdeorras, ao leste da provincia de Ourense, limitando coa provincia de León. É unha zona basicamente rural, xa que a maior parte das familias desta comarca se dedican á agricultura (ao viño fundamentalmente), á gandería e ao sector da lousa, un elemento importante e fundamental do que viven moitas familias.

Extracción e produción

[editar | editar a fonte]

O proceso comeza coa extracción da lousa mediante a creación dunha mina a ceo aberto ou unha mina subterránea. Despois do longo e complexo período de extracción, os bloques son transportados ás diferentes naves de traballo para a súa preparación e tratamento[1].

Unha vez que os grandes bloques chegan ás naves da canteira, trabállase para reducilos a cubos de menor tamaño para que sexa máis sinxela a súa manipulación. Posteriormente, o labrador/a saca láminas de ditos cubos e o cortador/a dálle diferentes formas. Cando as lousas teñen a forma adecuada, o embalador/a é o encargado de contalas, comprobalas, metelas en diferentes gaiolas para ser enviadas aos diferentes destinos.

Datos económicos

[editar | editar a fonte]

A comarca de Valdeorras é unha das maiores produtoras de España e de Europa, concentrando o maior número de explotacións e o 90% das empresas louseiras de Galicia. Segundo o “Plan de Zona Rural de Valdeorras[2] da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o volume de produción de lousa na comarca valdeorresa é aproximadamente o 78% da lousa galega e o 60% da española. De feito, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística, este sector é o impulsor da economía valdeorresa: máis da cuarta parte dos bens producidos na comarca saen de explotacións desta pedra e sitúa a Carballeda de Valdeorras como a segunda localidade co PIB por habitante máis alto de Galicia. Estes datos aparecen recollidos no “Análise da Minería de Produtos Minerais Non Metálicos[3], elaborado polo IGE.

Creación de emprego

[editar | editar a fonte]

Nesta área xeográfica, como consecuencia da abundancia deste material e da súa explotación, tanto o proceso de extracción das minas, o transporte da pedra e o traballo na propia nave, xeran numerosos postos de emprego. Segundo a Cámara Mineira de Galicia[4], en 2015, constaban 287 explotacións mineiras activas que dan traballo directo a 4 .600 persoas. Máis de 150 céntranse na lousa, o que supón o 30% da produción deste material.

En calquera caso, traballar neste sector pode ser un emprego perigoso pola abundancia de máquinas pesadas, grandes pedras e explosivos, entre outras cousas. Ademais dos perigos do contorno laboral, hai outro tipo de riscos asociados como lesións de pulso, lesións de columna ou silicose, enfermidade que afecta a persoas que traballan durante moitos anos nas minas e provocada pola aspiración de po de sílice. Antigamente, non existían métodos de ventilación e extracción, polo que as persoas que levan traballando dende hai anos padecen este tipo de enfermidade.

Repercusión paisaxística

[editar | editar a fonte]
Minas de Valborraz (Casaio, Carballeda de Valdeorras).

A importancia da lousa en Valdeorras deixa fortes impactos no territorio debido á súa explotación e tratamento. Primeiramente, coa creación das minas, pérdense grandes superficies de natureza. Segundo a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), neste proceso foron destruídas 12 hectáreas protexidas por un lugar de importancia comunitaria e unha zona de especial protección de aves. Outra alteración importante prodúcese cos cascallos. Durante o proceso de extracción e produción, orixínase unha gran cantidade de restos e po que, en moitos casos, non se utilizan. Segundo o estudo O medio ambiente en industrias de metal, minería e sector eléctrico en Galicia[5], realizado polo responsable de CCOO de Galicia, o 95% do material que se remove para producir lousa é cascallo, só se aproveita o 5%, é dicir, de 100 000 toneladas de material, 5 000 son aproveitables. Estes residuos son depositados nas proximidades das naves ou nas ladeiras das montañas, chegando a invadir o traxecto dos ríos, facendo que a auga tome unha cor verdosa, característica deste material.

Estas canteiras eliminaron varios ríos de montaña da comarca.[6] A auga desapareceu durante 3 km no río Valborrás, 2 km no río San Xil e medio no río Casaio. O río San Xil foi desviado a través de tubos artificiais, xa que a cunca natural está ocupada por unha mina a ceo aberto.

Loita contra o impacto ambiental

[editar | editar a fonte]

Hai unha serie de medidas que os empresarios levan a cabo para intentar reducir o impacto das explotación o máximo posible. Algunhas son:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Cafersa
  2. Véxase aquí
  3. Dispoñible aquí.
  4. Dispoñible aquí
  5. Dispoñible aquí.
  6. Pablo Taboada (21 de xullo de 2013). "Canteras de pizarra secan seis kilómetros de ríos en Valdeorras". El País (en castelán). 
  7. "Páxina web". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2019. Consultado o 17 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]