Coordenadas: 53°08′05″N 4°24′53″O / 53.13483, -4.41470
O sendeiro da costa de Anglesey (en galés: Llwybr Arfordirol Ynys Môn) é unha ruta de 200 km de longo que rodea a illa de Anglesey no norte de Gales.[1] A ruta é parte do sendeiro da costa de Gales. Foi inaugurada formalmente por Rhodri Morgan, Primeiro Ministro de Gales, o 9 de xuño de 2006.
A ruta segue toda a costa, case arrodeando a costa toda. As dúas excepcións son onde o sendeiro pasa por Plas Newydd, e no estuario de Afon Alaw, entre Llanfachraeth e Llanynghenedl.[1] A ruta comeza e remata oficialmente en Holyhead, e é descrito na guía oficial coa dirección ó contrario das agullas do reloxo. O proxecto de custou £1,4 millóns e conta cunha boa sinalización durante todo o trazado. Pode durar entre 7 e 10 días completar o sendeiro completo.
Os fondos do "Obxectivo 1" Europeo contribuíron neste proxecto, que pretende satisfacer a crecente demanda de paseos costeiros. O camiño foi creado por unha asociación dirixida pola axencia comunitaria Menter Môn e polo Consello Condal da illa de Anglesey.
Comezando en Holyhead e no sentido contrario ás agullas do reloxo, o sendeiro atravesa ou pasa preto de:
N. | Imaxe | Tipo | Localización | Autoridade unitaria | Observacións |
---|---|---|---|---|---|
1 | Porto | Holyhead | Anglesey | Localizado na meirande cidade de Anglesey.[2] | |
2 | Faro | South Stack | Anglesey | O faro está considerado como unha das iconas de Anglesey.[3] | |
3 | Praia | Illa Holy | Anglesey | Localizada na meirande illa de Anglesey.[4] | |
4 | Vila | Trearddur | Anglesey | Localizada nunha baía, ó sur de Holyhead, na costa oeste da illa Holy.[5] | |
5 | Vila | Rhoscolyn | Anglesey | Vila preto da praia de Borthwen cun acceso pouco doado.[6] | |
6 | Vila | Rhosneigr | Anglesey | Localizada a 10 km ó sueste de Holyhead.[7] | |
7 | Cámara funeraria neolítica | Barclodiad e Gawres | Anglesey | Exemplo dunha tumba de corredor cruciforme[8] | |
8 | Igrexa | Igrexa de Cribinau | Anglesey | Cribinau é unha pequena illa mareal localizada na costa suroeste de Anglesey.[9] | |
9 | Vila | Aberffraw | Anglesey | Aberffraw está localizado xunto á ribeira oeste do río Ffraw.[10] | |
10 | Igrexa | Igrexa de Llangadwaladr | Anglesey | Na igrexa atópase a tumba de Cadfan ap Iago, Rei de Gwynedd (c. 616—c. 625).[11] | |
11 | Illa | Illa Llanddwyn | Anglesey | A illa Llanddwyn é unha pequena illa mareal. A cidade máis achegada é Newborough.[12] | |
12 | Ponte | Ponte Britannia | Anglesey | Ponte sobre o estreito de Menai, entre as illas de Anglesey e Gran Bretaña.[13] | |
13 | Estreito | Swellies | Anglesey | É o paso de navegación máis perigoso do estreito de Menai.[14] | |
14 | Illa | Illa Church | Anglesey | Pequena illa só accesible a pé dende o paseo Belga.[15] | |
15 | Ponte | Ponte colgante de Menai | Anglesey | Unha das primeiras pontes colgantes do mundo, deseñada por Thomas Telford.[16] | |
16 | Vila | Menai Bridge | Anglesey | É o terceiro maior asentamento da illa, cunha poboación de 3.146 habitantes.[17] | |
17 | Vila | Llandegfan | Anglesey | A vila orixinal, Hen Llandegfan, localizábase no antigo camiño dende o cruzamento do Estreito de Menai en Porthaethwy vía Pentraeth cara a Beaumaris.[18] | |
18 | Castelo | Beaumaris | Anglesey | É a antiga cidade condal da illa de Anglesey e localízase na costa da entrada leste do Estreito de Menai.[19] | |
19 | Pena | Penmon | Anglesey | Atópase a uns 5 km ó leste da cidade de Beaumaris, na comunidade de Llangoed.[20] | |
20 | Illa | Illa Puffin | Anglesey | Trátase dunha illa deshabitada localizada no extremo oriental de Anglesey.[21] | |
21 | Baía | Traeth Coch | Anglesey | É unha ampla baía de area e unha zona de gran beleza natural, na costa leste.[22] | |
22 | Vila | Benllech | Anglesey | Atópase na comunidade de Llanfair-Mathafarn-Eithaf. Ten 3.408 habitantes.[23] | |
23 | Vila | Moelfre | Anglesey | Foi o lugar do naufraxio en 1859 do Royal Charter no final da súa viaxe dende Australia ata Liverpool.[24] | |
24 | Monumento conmemorativo | Memorial Royal Charter | Anglesey | Monumento do naugraxio do Royal Charter, barco que viaxaba dende Australia a Liverpool onde morreron 459 persoas.[25] | |
25 | Baía | Dulas Bay | Anglesey | É unha pequena baía na costa norte rodeada por tres praias.[26] | |
26 | Vila | Amlwch | Anglesey | Coñecido polo seu patrimonio industrial, é a localidade máis setentrional de Gales.[27] | |
27 | Vila | Bull Bay | Anglesey | A liña da costa é rochosa e alberga moitas covas. Algunhas destas rochas teñen uns 570 millóns de anos, o que as sitúan entre as máis antigas de Gales.[28] | |
28 | Parroquia | Llanbadrig | Anglesey | Anacos do filme de 2006 Half Light, protagonizada por Demi Moore, rodáronse en Llanbadrig, aínda que o filme localízase principalmente en Escocia.[29] | |
29 | Vila | Cemaes | Anglesey | Localizada na baía de Cemaes, é unha Área de Destacada Beleza Natural, en parte propiedade da Fundación Nacional para Lugares de Interese Histórico ou Beleza Natural.[30] | |
30 | Central nuclear | Wylfa Nuclear Power Station | Anglesey | Wylfa foi a derradeira central de Magnox que se construirá no Reino Unido. Actualmente é a única central de Magnox en funcionamento no mundo.[31] | |
31 | Lagoa | Lagoa Cemlyn | Anglesey | Cemlyn é unha baía e lagoa na costa noroeste de Anglesey, aproximadamente a 2,5 km ó oeste da central nuclear Wylfa, dentro da comunidade de Cylch-y-Garn.[32] | |
32 | Pena | Carmel Head | Anglesey | Carmel Head é unha destacada pena costeira na punta noroeste da illa de Anglesey.[33] | |
33 | Terraplén | Stanley Embankment | Anglesey | É un terraplén con ferrocarril, estrada e carril bici que conecta a illa de Anglesey e Holy.[34] | |
34 | Parque | Penrhos Country Park | Anglesey | Atópase a carón da autoestrada A55, á beira da baía Beddmanarch.[35] | |
35 | Cidade | Holyhead | Anglesey | Cunha poboación de 11.237 habitantes, é a meirande cidade do condado de Anglesey.[36] |