A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2023.)

As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.

As sete marabillas do mundo antigo

Velaquí a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.

  1. A Gran Pirámide de Gizeh. Rematada arredor do ano 2570 a.C., foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Queops por Herodoto. Localizada en Gizeh, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
  2. Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos entre o 605 e o 562 a.C.. Localizados en Babilonia, actual Iraq.
  3. O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Localizado en Éfeso, actual Turquía.
  4. A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Localizada en Olimpia, Grecia.
  5. O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía.
  6. O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Localizado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
  7. O Faro de Alexandría. Construído entre -294 e -283. Localizado en Alexandría, Exipto.

Orixe da lista

Cronoloxía e mapa das Sete Marabillas (en inglés). Datas en grosa verde e vermello escuro son da súa construción e destrución, respectivamente.

A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.

De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Gizeh, construída hai máis de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.

Moeda de Elis. Estatua de Zeus de Olimpia no seu reverso.

Actualización

A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.

Marabillas naturais

Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:

Véxase tamén

Outros artigos