Shulamith Firestone
Nome completoShulamith Bath Shmuel Ben Ari Feuerstein
Nacemento7 de xaneiro de 1945
Lugar de nacementoOtava
Falecemento28 de agosto de 2012
Lugar de falecementoNova York e Nova York
NacionalidadeCanadá
RelixiónXudaísmo ortodoxo
Alma máterUniversidade Washington em St. Louis, School of the Art Institute of Chicago e Telshe yeshiva
Ocupaciónescritora, activista polos dereitos das mulleres e filósofa
Coñecida porThe Dialectic of Sex
Na rede
WikiTree: Feuerstein-339
editar datos en Wikidata ]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.)

Shulamit Firestone, nada en Otava o 7 de xaneiro de 1954 e finada en Nova York o 28 de agosto de 2012, foi unha pensadora e activista do feminismo.

Traxectoria

Foi a segunda dos seis fillos dunha familia xudía ortodoxa. Asistiu a unha escola rabínica e máis tarde graduouse en pintura no School of the Art Institute of Chicago. En 1967 mudouse a Nova York, onde fundou o New York Radical Woman e comezou a escribir ensaios sobre os dereitos das mulleres e o poder feminino. Liderou grupos e actividades pola liberación feminina nesa cidade e en Chicago, como a denominada Blue Stockings Society e, tras abandonala, a New York Radical Feminist.

A súa obra de 1970 The Dialectic of Sex foi bandeira da denominada "segunda onda" do feminismo. Nela acolle ideas da psicanálise de Sigmund Freud e Wilhelm Reich así como dos clásicos do marxismo para sentar as bases dunha nova ideoloxía feminista liberadora dos condicionantes biolóxicos, sociais e culturais que teñen anulada á muller na sociedade capitalista occidental.

A súa delicada saúde mental condicionou a súa vida ata que apareceu morta no seu apartamento onde vivía recluída de xeito asocial nunha loita de décadas contra a súa esquizofrenia.

Pensamento

A cópula, o embarazo o parto e a lactación son condicionantes biolóxicos que escravizan a muller e sobre os cales se impón unha sociedade patriarcal estruturada sobre a dominación masculina. Por iso a defensa do dereito ao aborto é ferramenta imprescindible e fundamental da liberación da muller.

Avoga pola cibernética para unha fertilización en laboratorios que ceibe á muller das súas cadeas biolóxicas e lle permita subvertir a orde establecida pola sociedade patriarcal e falocéntrica. É necesario que os homes se encarguen da crianza dos meniños ata que se rache coa familia biolóxica mediante unha sociedade de comunas que controle comunitariamente a fertilidade humana e onde as diferenzas xenitais non supoñan diferenzas inducidas culturalmente. Igual que a sociedade socialista se acada mediante a revolta da clase traballadora dominada e a súa ditadura para controlar os medios de produción, a sociedade patriarcal debe ser derrotada mediante a revolta da clase feminina dominada co fin de que esta acade o poder para controlar os medios de reprodución.

Unha das súas ideas controvertidas foi a ruptura do tabú do incesto e a apoloxía da pederastia ao defender que a idade de iniciación sexual humana non debe guiarse por criterios de idade (nin xénero, nin clase, nin raza).