Goggles prevent axidents (sic). Axidents (sic) give aid to the enemy.

Sic é unha palabra latina que se coloca ao lado dunha palabra ou frase incorrecta ou incomprensible para indicar que non se trata dun erro de transcrición, senón que é así como figura no texto orixinal.

Provén da frase en latín sic erat scriptum, "así fora escrito", onde sic é un adverbio que significa "así, deste xeito".

Uso

Por regra xeral prefírese o uso deste adverbio entre corchetes [sic], aínda que é frecuente atopalo tamén entre parénteses (sic).

Emprégase cando se reproducen erros, tipográficos ou doutra clase, ou inconveniencias ao citar textos, para informar ao lector que o uso indebido atópase na fonte orixinal e non é obra do que cita. Exemplos:

Tamén pode usarse cando aparecen palabras pouco comúns cuxa grafía é similar á doutras moi coñecidas, e quérese evitar que o lector as interprete como erros. Por exemplo:

Pode levar unha aclaración extra ou unha corrección explicativa:

Ten un uso común en entrevistas de carácter médico ou legal, para citar ao entrevistado:

Locucións latinas

Podemos atopar tamén este adverbio en varias locucións latinas. Exemplos:

Notas

  1. "Noticias de La Voz de Galicia" (en castelán). 
  2. La Voz de Galicia (ed.). "As ermitas de Leiloio". 
  3. "GaliciaConfidencial.com". 
  4. "El País - Deportes" (en castelán).