Huesca | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sociedad Deportiva Huesca, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Azulgranas | |||
Fundación | 1960 | |||
Estadio | El Alcoraz, Huesca, España | |||
Inauguración | 1972 | |||
Capacidade | 5.000 | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | Primeira División | |||
2019–20 | 1.º (Segunda División) | |||
Na rede | ||||
http://www.sdhuesca.es/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
| ||||
A Sociedad Deportiva Huesca é un club de fútbol de España, da cidade de Huesca en Aragón. Foi fundado en 1960 e milita na Segunda División Española[1]. Na actualidade conta con 4.100 socios. Debido á limitada capacidade do seu estadio, El Alcoraz, non é posible a admisión de novos socios polo momento. Espérase a presentación do proxecto do novo estadio proximamente.
Viste a marca deportiva zaragozana Bemiser, que tamén viste ao CD Castellón.
Durante a tempada 1971-1972 decidiuse construír un novo campo de fútbol para o Huesca e sería o terceiro campo do equipo situado no cerro de San Jorge. No estadio de El Alcoraz celebráronse partidos moi importantes, como a final da Copa de España de Afeccionados de 1974.
Na actualidade o estadio de El Alcoraz ten unha capacidade de 5.000 persoas e ultimamente fóronse renovando algunhas partes tras lograr o ascenso a Segunda.
O campo de adestramento é a Cidade Deportiva San Jorge, cunhas dimensións de 100 x 64 m de céspede artificial.