SD Pol
NomeSociedade Deportiva Pol
Alcume(s)Polenses
Fundación2 de xaneiro de 1979 (45 anos)
EstadioManuel Luna,
Mosteiro, Pol
Inauguración19 de agosto de 1979
Capacidade300 espectadores
PresidenteGalicia Ramiro Rodríguez
AdestradorGalicia Fernandito
LigaPreferente – Grupo 1
2023/2410º
Na rede
http://www.sdpol.org
Titular
Alternativo

A Sociedade Deportiva Pol é un equipo de fútbol da parroquia de Mosteiro, no concello de Pol. Actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Galicia.

Historia

[editar | editar a fonte]
Torta co escudo da SD Pol durante a cea do 30 aniversario do club.

A SD Pol naceu o 2 de xaneiro de 1979 no bar Abuíde de Mosteiro, onde se reuniron os primeiros responsables do club. O primeiro presidente foi Manuel Luna. Con el procedeuse á construción do estadio sobre un terreo veciñal, que recibiu o nome do Aturuxo e que foi rebautizado posteriormente de forma oficial como estadio Manuel Luna. No seu primeiro ano de existencia, o club rematou sétimo clasificado da extinta Liga das Rías Altas (nome do grupo norte lucense da antiga Segunda Rexional, hoxe Segunda Galicia).

Despois de oito tempada na Segunda Rexional, o equipo logrou o ascenso á Primeira Rexional na tempada 1986/87, tras proclamarse campión e culminar a competición cunha histórica goleada sobre o Rodeiro por 18-0.[1] Mantívose durante catro campañas en dita categoría, ata que volveu descender na 1990/91. Durante as seguintes tres décadas militou na Segunda Rexional (chamada dende 2006 Segunda autonómica), agás dous efémeros pasos pola Primeira nas campañas 1996/97 e 2000/01.

En 2011 descendeu á Terceira Autonómica e alternou as dúas últimas categorías do fútbol galego ata que en 2018 conseguiu o ascenso á Primeira Galicia. Tras varios anos na categoría, ao remate da 2023/24 ascendeu por primeira vez na súa historia á Preferente, ao proclamarse campión do grupo lucense de Primeira.[2]

Outros equipos

[editar | editar a fonte]

A SD Pol contou tamén con diferentes formacións de cadetes, xuvenís e veteranos. Na tempada 2006/07 creou un equipo de baloncesto júnior, que continuou cun equipo afeccionado que xoga en Segunda Provincial. O club conta con 49 licenzas federativas e 186 socios.

Estadio

[editar | editar a fonte]

As medidas do campo Manuel Luna son 105 x 62 m. O complexo do estadio conta, á parte de co campo, cun muro que rodea o recinto, vestiarios, almacén de material e bar. Está prevista unha reforma do campo para dotalo de bancada e de novas instalacións auxiliares en 2010.

O complexo foi inaugurado cun partido amigable entre o CD Lugo e o RC Deportivo da Coruña.

Integrantes do cadro de xogadores do Pol xuvenil na tempada 08/09 (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Mario González (adestrador), David, Adrián, Joni, Iago, Denís, Casal, Diego Penelas, Izan, Hugo, Josiño, Fernando, Beto, Turbo, Pancho, Iván e Suso. Faltan na foto Héctor, Ángel, Diego Barreira e Pablo Gómez

Historial en liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1979/80 2ª Rexional
1980/81 2ª Rexional
1981/82 2ª Rexional
1982/83 2ª Rexional
1983/84 2ª Rexional
1984/85 2ª Rexional 10º
1985/86 2ª Rexional
1986/87 2ª Rexional
1987/88 1ª Rexional 19º
1988/89 1ª Rexional 10º
1989/90 1ª Rexional
1990/91 1ª Rexional 18º
1991/92 2ª Rexional 13º
1992/93 2ª Rexional 11º
Tempada Categoría Posto
1993/94 2ª Rexional 10º
1994/95 2ª Rexional 13º
1995/96 2ª Rexional
1996/97 1ª Rexional 18º
1997/98 2ª Rexional
1998/09 2ª Rexional
1999/00 2ª Rexional
2000/01 1ª Rexional 17º
2001/02 2ª Rexional
2002/03 2ª Rexional
2003/04 2ª Rexional
2004/05 2ª Rexional
2005/06 2ª Rexional
2006/07 2ª Autonómica
Tempada Categoría Posto
2007/08 2ª Autonómica 13º
2008/09 2ª Autonómica
2009/10 2ª Autonómica
2010/11 2ª Autonómica 14º
2011/12 3ª Autonómica
2012/13 3ª Autonómica
2013/14 2ª Autonómica 12º
2014/15 2ª Autonómica 15º
2015/16 3ª Autonómica
2016/17 2ª Autonómica
2017/18 2ª Galicia
2018/19 1ª Galicia
2019/20 1ª Galicia
2020/21 non competiu
Tempada Categoría Posto
2021/22 1ª Galicia / 10º
2022/23 1ª Galicia
2023/24 1ª Galicia
2024/25 Preferente

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "El Pol cerró la Liga como campeón, al derrotar al Rodeiro por 18-0". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de abril de 1987. p. 34. 
  2. "O SD Pol logrou o sábado o ascenso a Preferente". 5 de maio de 2024. Consultado o 20 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]