Sonic Youth Recordings | |
---|---|
Fundado en | 1996 |
Fundador | Sonic Youth |
Xénero(s) | rock experimental |
Orixe | Estados Unidos ![]() |
Sonic Youth Recordings (ás veces referido como SYR) é un selo discográfico creado pola banda de rock alternativo estadounidense Sonic Youth en 1996. SYR creouse para permitirlle ao grupo editar discos seus e dos seus amigos sen as presións comerciais dun grande selo. Como resultado, o traballo da discográfica tende á libre improvisación e á música experimental.
Os discos que os propios Sonic Youth editaron a través do selo seguen a tradición de lanzado cada un nunha lingua distinta. SYR1 ten os títulos dos temas e a arte da portada en francés; SYR2 está en neerlandés, SYR3 en esperanto, SYR5 en xaponés, SYR6 en lituano, SYR7 en arpitano, e SYR8 está en dinamarqués.