(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Stephen Edwin King 21 de setembro de 1947 (76 anos) Portland, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Portland Fort Wayne, Indiana Bangor (pt) Stratford (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Lisbon High School (en) (–1966) Universidade de Maine - lingua inglesa (1966–1971) Hampden Academy (en) Lisbon Falls High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | Novelista, escritor de historias curtas, guionista, columnista, actor, produtor de televisión, director de cine, cantante e músico |
Período de actividade | 1967–presente[1] |
Empregador | Hampden Academy (en) (1971–) |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Xénero artístico | Terror, fantasía, ciencia ficción, drama e suspense |
Influencias | Burton Hatlen,[2] Bram Stoker, Elmore Leonard, J. R. R. Tolkien, Shirley Jackson, H. P. Lovecraft, Richard Matheson, Ray Bradbury[3], Edgar Allan Poe[4], John D. MacDonald, Don Robertson, William Golding[5] |
Influencias en | |
Pseudónimo literario | Richard Bachman |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables Carrie, The Shining, The Stand, Misery, It, The Dark Tower, Under the Dome, Rita Hayworth and Shawshank Redemption | |
Familia | |
Cónxuxe | Tabitha King (1971–) |
Fillos | Naomi, Joe e Owen |
Pais | Donald Edwin King (en) e Nellie Pillsbury (en) |
Cronoloxía | |
19 de xuño de 1999 | accidente de coche (Maine State Route 5 (en) , Lovell (en) ) |
Premios | |
Medalla pola Contribución ás Letras Americanas Premio Hugo Premio Bram Stoker Premio Fantasy World Medalla de artes nacional | |
Páxina web | stephenking |
| |
Lista
|
Stephen Edwin King, nado en Portland (Maine) o 21 de setembro de 1947, é un escritor estadounidense coñecido polas súas novelas de terror, suspense, ciencia ficción e fantasía. Os seus libros levan vendido máis de 350 millóns de copias,[9] moitos dos cales foron adaptados a filmes, miniseries, series de televisión e banda deseñada. King publicou 54 novelas, incluíndo sete baixo o alcume Richard Bachman, e seis libros de non ficción. Tamén escribiu preto de 200 historias curtas, a maioría recollidas en libros de coleccións. Moitas das súas historias están ambientadas no estado de Maine, o seu fogar. A súa novela Rita Hayworth and Shawshank Redemption foi a base sobre a que se fixo Cadea perpetua que está amplamente considerado como un dos mellores filmes de tódolos tempos.[10][11][12]
Os libros de King estiveron moi a miúdo nas listas de supervendas. En 2003 recibiu o National Book Award pola súa traxectoria e contribución ás letras americanas, o cal foi outorgado pola National Book Foundation.
King, ademais, escribiu obras que non corresponden ao xénero de terror, incluíndo as novelas Different Seasons, The Shining, The Stand, Hearts in Atlantis' ou The Dark Tower.
Durante un período utilizou os pseudónimos Richard Bachman e John Swithen.