TAP Portugal
IATA
TP
OACI
TAP
Indicativo
AIR PORTUGAL
Fundación14 de marzo de 1945
Inicio das operacións19 de setembro de 1946
AlianzaStar Alliance
SubsidiariasPortugália, PGA Express
Frota55
Destinos78
Páxina web: http://www.flytap.com/
Airbus A330 de TAP Portugal

TAP Air Portugal é a aeroliña nacional de Portugal, con base en Lisboa e membro da Star Alliance dende o 15 de marzo do 2005. Opera a destinos en Europa, África e América, voando a 88 destinos en 35 países distintos. A sigla TAP significa Transportes Aéreos Portugueses, denominación orixinal da empresa.

Historia

[editar | editar a fonte]

Inicios

[editar | editar a fonte]

O 14 de marzo de 1945 Humberto Delgado, o director do Secretariado de Aviación Civil de Portugal, creou a sección de Transportes Aéreos baixo a denominación de Transportes Aéreos Portugueses. Ese mesmo ano TAP adquiriu os seus dous primeiros avións, dous DC-3 con capacidade para 21 pasaxeiros.

En 1946 comezou as súas actividades. A súa primeira liña comercial foi entre as cidades de Lisboa e Madrid, estreada o 19 de setembro. O 31 de decembro dese ano ínaugurouse a Linha Aérea Imperial. A Linha, Lisboa-Luanda-Lourenço Marques (actual Maputo), facía un percorrido de 24.540 quilómetros con 12 escalas e cunha duración de 15 días (ida e volta) e era a máis extensa liña no mundo cuberta por un DC-3.

A primeira liña doméstica, entre Lisboa e Porto, foi aberta en 1947, e ese ano foron adquiridos catro DC-4 Skymaster. Estes foron usados en rutas cara África e cara aos principais destinos europeos. En 1948 a aeroliña pasaría aser membro da IATA.

Douglas DC-4 da aeroliña en Londres

Ata finais da década a aeroliña foi ampliando os seus destinos. Comezou a voar cara París en 1948 e cara Londres en 1949 cos DC-4, e cara Sevilla en 1948 co DC-3. No ano 1949 tamén comezou a voar a Casablanca e a Tanxer.

En 1953 TAP pasou a ser de dominio público a unha sociedade anónima de responsabilidade limitada, con capitais mixtos pero coa maioría do Estado. TAP continuou apostando pola Linha Aérea Imperial, e en 1954 introduciu nesta liña o DC-4, que fixo o seu primeiro voo entre Lisboa e Luanda cunha duración de 17 horas.

En agosto de 1955 TAP recibiu o seu primeiro catrimotor de longo alcance, o Lockheed L-1049G Super Constellation, que en novembro comezou a operar cara a África. Con esta adquisición o tempo de voo entre Lisboa e Lourenço Marques reduciuse considerablemente. Nese mesmo ano realizouse unha viaxe experimental a Río de Xaneiro cun DC-4.

En 1958 o último dos DC-3 foi retirado do servizo e TAP comezou a estudar a transición cara aos reactores.

En 1960 realízou o primeiro voo entre Lisboa e Porto Santo. Ese mesmo ano TAP inaugura o Voo da Amizade entre Lisboa e Río de Xaneiro, destinado sobre todo a brasileiros e portugueses, con tarifas a menos da metade do prezo normal da época para ese traxecto. Tamén realizouse a primeira viaxe entre Lisboa e Goa, con case 19 horas de duración total e cinco escalas. TAP retirou o último dos catro DC-4 do servizo en 1960.

A guerra colonial en África fixo que a compañía se centrase en Europa e no Brasil. A pesar da guerra, TAP seguiu inaugurando novas liñas e abrindo novas delegacións.

Era dos reactores

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1962 a aeroliña recibiu o seu primeiro reactor, un dos tres Caravelle mercados que voarían ata 1975. Nese mesmo ano comezaron os voos entre Lisboa e As Palmas de Gran Canaria e Santa María (Azores), e un ano despois cara Xenebra, Múnic e Frankfurt.

TAP transportou ao seu pasaxeiro 1 millón o 19 de xuño de 1964, 18 anos despois de que a compañía iniciase as súas actividades. En 1967 TAP converteríase na primeira aeroliña europea en operar unicamente avións a reacción. En 1969 comezou a voar a Nova York, con escala en Santa Maria, e ao ano seguinte inauguraría o servizo a Boston. En 1975 TAP foi nacionalizada, pasando a ser unha empresa pública e cambiou o seu nome para o de TAP Air Portugal en marzo de 1979. Foi creado un novo logotipo, novas decoracións para os avións e novos uniformes.

TAP mercou o Boeing 747 durante os anos 70, sbstituíndo aos seus Boeing 707, pero foron finalmente vendidos debido á falta de demanda. Sería substituídos por Lockheed TriStar e Airbus A310 nas rutas de longo percorrido. En 1985 TAP fundou a súa subsidiaria charter Air Atlantis e en 1989 TAP converteuse nunha Sociedade Anónima.

Airbus A321 coa antiga librea da compañía

En 1989 comezou a voar a Newark, New Jersey, no ano 1991 inaugurou o servizo a Berlín e en 1993 a Tel Aviv. En 1994 TAP asinou un acordo para comparttir código con Delta Air Lines para o seu servizos no Atlántico norte. Este acordo rematou no 2005.

En 1996 iniciou o servizo cara Boston a través da illa Terceira, nos Azores, e tamén os voos cara Macau. Un ano despois comezou a voar cara Punta Cana e Bangkok. Os voos a Bangkok e Macau interromperíanse en 1998.

De cara finais dos 90 TAP vendeu os seus vellos Boeing 727 e Boeing 737, substituíndoos por Airbus A319, A320 e A321. Os TriStar foron vendidos a Air Luxor e foron substituídos por Airbus A340, estando a partír de aí toda a súa frota composta por avións de Airbus.

Século XXI

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2005 TAP Air Portugal foi renomeada como TAP Portugal,[1] o seu actual nome. O 14 de marzo dese ano, o mesmo día do seu 60 aniversario, TAP Portugal converteuse en membro da alianza de aeroliñas Star Alliance. TAP rematou o seu acordo con Delta Air Lines e comezou un novo con United Airlines, que tamén é membro da Star Alliance. Baixo este acordo o código de United (UA) é usado polos voos transatlánticos de TAP Portugal e nalgúns africanos, e o de TAP Portugal (TP) é usado en voos de United.

No 2006, TAP Portugal asinou un contrato con Espírito Santo International para adquirir o 99.81% da aeroliña rexional portuguesa Portugália.

No ano 2007 TAP Portugal foi premiada pola OTAN como a mellor empresa de reparación dos avións e motores do programa de mantemento dos seus AWACS, e foi distinguida cos máis altos premios de mantemento e revisión de Airbus Industries en 1996, 2000, 2003 e 2005, sendo certificada para todos os seus avións, motores e compoñentes. TAP Portugal completou bases de mantemento e reformas en Lisboa, Río de Xaneiro e Porto Alegre, e ten estacións de mantemento en tres continentes: 4 en Portugal, 8 no Brasil e 1 en Angola.

TAP comezou a programar voos cara Moscova, Varsovia e Helsinqui en xuño do 2009. No ano seguinte inaugurou novas rutas a Marrakesh e Alxer. O lanzamento destas novas rutas destacou os esforzos da aeroliña por medrar en África, que fora a única zona das súas rutas onde a compañía non deixou de medrar dende 2001, pasando de 236.000 a 541.000 pasaxeiros. Novas rutas de longo alcance foron anunciadas no 2011, entre elas cara Miami e Porto Alegre.

Frota

[editar | editar a fonte]

Actual

[editar | editar a fonte]

En novembro de 2020 a frota de TAP Air Portugal estaba formada poos seguintes avións:[2][3][4]

Frota de TAP Air Portugal
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Refs Notas
B E+ E Total
Airbus A319-100 17 144 144
Airbus A320-200 18 174 174
Airbus A320neo 7 8 174 174 [4]
Airbus A321-200 4 12 204 216
Airbus A321LR 9 3 16 48 107 171 [5]
16 182 198
Airbus A321neo 7 5 12 204 216 [6]
221 221
Airbus A330-200 7 25 244 269
Airbus A330-900neo 19 6 34 96 168 298 [7] Cliente de lanzamento.
Total 88 22

Histórica

[editar | editar a fonte]
Frota histórica de TAP Air Portugal
Avión Introducido Retirado
Airbus A310-300 1988 2008
Airbus A330-300 2017 2019[8]
Airbus A340-300 1995 2019[9]
Boeing 707-320B 1965 1990
Boeing 727-100 1967 1989
Boeing 727-200 1975 1991
Boeing 737-200 1983 1999
Boeing 737-300 1988 2001
Boeing 747-200 1972 1984
de Havilland Canada DHC-6 Twin Otter 1979 Descoñecido
Douglas DC-3 1945 1959
Douglas DC-4 1947 1960
Lockheed L-1011 TriStar 1983 1997
Lockheed L-1049 Super Constellation 1953 1967
Sud Aviation Caravelle 1962 1969

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "A história da TAP". TAP Air Portugal (en portugués). Consultado o 2020-12-15. 
  2. "TAP Fleet - Explore the TAP aircraft - TAP Air Portugal". www.flytap.com. 
  3. "TAP - Air Portugal Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Airbus orders and deliveries". Airbus. Novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  5. "TAP Air Portugal takes delivery of its first A321LR". Airbus (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  6. "TAP Portugal orders 14 A330-900neo and 39 A320neo Family aircraft". airbus.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  7. "TAP Portugal orders 14 A330-900neo and 39 A320neo Family aircraft". airbus.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  8. "TAP Air Portugal Retires Final Airbus A330-300". Simple Flying (en inglés). 18 de xullo de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  9. "Os últimos voos dos Airbus A340-300 na TAP Air Portugal". NewsAvia (en portugués). 23 de outubro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]